autora de banda deseñada estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Alison Bechdel, nada en Lock Haven o 10 de setembro de 1960, é unha autora de banda deseñada estadounidense.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1960 (64 anos) Lock Haven, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Burlington Bolton (en) |
Educación | Oberlin College (en) Bard College at Simon's Rock (en) |
Actividade | |
Ocupación | debuxante de banda deseñada, artista de banda deseñada, novelista |
Período de actividade | 1983 - 2022 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | John Bechdel |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Billy Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) Obálky knih, |
Páxina web | dykestowatchoutfor.com |
|
O seu primeiro traballo a chamar a atención da crítica foi a serie de banda deseñada Dykes to Watch Out For (producida ao longo de 25 anos, entre 1983 e 2008),[1] disruptiva por tratar nos anos 1980 os relacións lésbicas. Mais foi en 2006 que Bechdel obtivo máis recoñecemento, coa publicación de Fun Home: Unha Familia Traxicómica, unha obra autobiográfica en banda deseñada, apuntado pola revista Time como o mellor libro do ano (única HQ a recibir esa distinción) e finalista do National Book Critics Circle Award. En 2007, o libro recibiu o Eisner Award, considerado o oscar da banda deseñada. Fun Home aínda gañou unha adaptación musical en Brodway, feita pola dramaturga Lisa Kron e pola compositora Jeanine Tesori, que recibiu cinco premios Tony Awards, inclusive o de Mellor Musical de 2015.[2]
Seis anos despois de Fun Home, en 2012, lanzou unha nova novela gráfica Are you my mother?. A Comic Drama tamén de teor autobiográfico, que trata da súa relación coa nai.
Bechdel tamén é a creadora do Test de Bechdel, que avalía prexuízos e estereotipos femininos en producións cinematográficas.
En 2014, foi agraciada cunha bolsa polo MacArthur "Genius" Award.[3]
Alison J. Bechdel naceu en Lock Haven, Pensilvania, filla de Helen Augusta (1933-2013)[4] e Bruce Allen Bechdel (1936-1980).[5] O seu pai era un veterano de guerra que daba clases nunha escola de Ensino Medio e, simultaneamente, administraba a casa funeraria da familia. A nai era actriz e profesora. Alison frecuentou o Simon's Rock College e, despois, o Oberlin College, graduándose en 1981.
Bechdel mudouse para Manhattan e tentou ingresar en escolas de arte, mais non foi aceptada e traballou en distintas empresas ligadas á edición. A súa primeira tira foi publicada en xuño de 1983, no xornal feminista Womannews. As tiras daquela época, máis tarde, orixinaron a serie Dykes to Watch Out For, onde as personaxes discutiron por primeira vez os criterios do Test de Bechdel. Tamén traballou facendo ilustracións para revistas e sitios web antes de se dedicar á banda deseñada a tempo completo, en 1990, e se mudar para Vermont, nos Estados Unidos, onde vive até hoxe.[6]
En 2006, Bechdel publicou Fun Home, unha biografía "traxicómica", na que narra súa infancia e anos que antecederon e sucederon o suicidio de seu pai. A obra recibiu máis atención da crítica que os seus traballos anteriores, con recensións en medios importantes como Entertainment Weekly,[7] The Guardian[8] e The New York Times.[9] Alén diso, o título estivo por dúas semanas na lista de best-sellers de non-ficción do New York Times.
En Fun Home Alison recorre a distintas referencias da literatura universal, como o mito de Ícaro e Dédalo, para rememorar a conturbada relación que a autora mantiña co seu pai, Bruce Bechdel. Profesor de literatura, Bruce era bisexual e dedicaba os seus días máis á reforma e aos reparos do caserón vitoriano onde vivía que aos fillos. A nai, á súa vez, esforzábase para manter as aparencias e, nese contexto, administrar as relacións familiares a fin de atender a convencións sociais. Na narrativa, Alison revela o amadurecemento da súa propia sexualidade nunha obra que, pola complexidade e innovación, xúntase a outros clásicos da banda deseñada, como Maus, de Art Spiegelman.
Despois de escrutinar súa relación co pai, Alison ten como foco as relacións coa nai en Are you my mother? A Comic Drama. No libro, Bechdel organiza a historia en sete capítulos, que dialogan coa teoría psicanalítica por medio da referencia a unha serie de textos de Freud (e tamén da escritora Virginia Woolf, da poeta Alice Miller e do psicólogo Donald Winnicott), da análise de soños e da representación de escenas de sesións coas súas distintas terapeutas. Chamada de "unha especie de Woody Allen lésbica" polo The Guardian,[10][11] Bechdel non teme expor as dificultades que a nai tiña para aceptar a súa orientación sexual ben como a relación pouco afectiva que mantiña cos fillos.
En 2013, a obra recibiu o Judy Grahn Award para non-ficción lésbica e foi finalista do Lambda Literary Award na categoría memoria ou biografía lésbica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.