Remove ads
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfonso Emilio Balseiro Gómez, nado o 8 de marzo de 1946 en Mañón e finado o 6 de febreiro de 2021,[1] foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1946 Mañón, España |
Morte | 6 de febreiro de 2021 (74 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Mañón | |
1988 – 6 de febreiro de 2021 (finado no cargo) – Alfredo Dovale Pedreira → | |
Alcalde de Mañón | |
1987 – 1987 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traballador autónomo. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 en Mañón dentro das listas da Coalición Popular, sendo elixido concelleiro. Trala morte de Manuel Cora Rodríguez en xaneiro de 1987 é elixido alcalde, ocupando o posto ata as eleccións municipais de 1987. Neses comicios concorre xunta outros anteriores integrantes de AP como número dous dunha lista independente encabezada polo médico Ricardo Héctor Sanz, a cal resultou ser a segunda forza máis votada por detrás do PSdeG, conseguindo a alcaldía para o seu cabeza de lista grazas aos votos dos concelleiros de AP. Porén, trala marcha do rexedor en febreiro de 1988, volveu ser elixido alcalde, tamén grazas ao apoio de dous concelleiros de AP. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e tamén foi elixido por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (2007-2011).
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[2], e ocupou este posto até o seu falecemento en febreiro de 2021.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.