Aleksei Nikolaevich Tolstoi
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aleksei Nikolaevich Tolstoi (en ruso: Алексей Николаевич Толстой), nado en Pugachov o 10 de xaneiro de 1883 e finado en Moscova o 23 de febreiro de 1945, tamén chamado Camarada Conde, foi un escritor ruso soviético autor de escritos de moitos xéneros, aínda que especializado na ficción científica e nas novelas históricas.
De familia nobre, naceu en Pugachov. Aleksei era fillo do conde Nikolai Aleksandrovich Tolstoi (1849–1900) e de Aleksandra Leontievna Turgeneva (1854–1906). A súa nai era sobriña neta do decembrista Nikolai Turgenev e parente do destacado escritor Ivan Turgenev. O seu pai pertencía á familia Tolstoi e era parente remoto de Lev Tolstoi.
Cursou o ensino secundario en Samara e os estudos superiores no Instituto Tecnolóxico de San Petersburgo. Ao terminar a carreira dedicouse á literatura e nun principio cultivou a poesía de tendencia simbolista. Posteriormente afastouse dela. Destacou como prosista, sobre todo cos seus relatos do ciclo A rexión do Volga (1910-1911), para os que tomou como modelos literarios a Turgenev, a Tolstoi e a Gogol. Entre 1914 e 1916 foi correspondente de guerra.
Hostil á Revolución de Outubro, en 1918 emigrou, mais en 1923 rectificou a súa posición e volveu ao seu país. Escribiu Детство Никиты ("A infancia de Nikita"), novela autobiográfica; a triloxía Хождение по мукам (1920-1941); novelas de ficción científica como Aelita e Гиперболоид инженера Гарина ("O hiperboloide do enxeñeiro Garin"); relatos sobre o paso da guerra á vida civil como Гадюка ("A víbora"); o drama Иван Грозный ("Iván o Terrible") e a súa gran novela histórica (da que a terceira parte quedou sen rematar) Пётр I ("Pedro I"), en que estivo traballando dezaseis anos, de 1919 a 1935.
Durante a segunda guerra mundial, serviu na Comisión Extraordinaria do Estado de 1942-1947 que "verificou sen dúbida razoable" o exterminio en masa de xente nas cámaras de gas polos ocupantes alemáns. Durante os xuízos de Nürnberg, os fiscais soviéticos recoñeceron o seu traballo na investigación das atrocidades cometidas na rexión de Stavropol.
Académico dende 1939, foi laureado con diversos e importantes premios.
Tolstoi está recoñecido por producido algúns dos primeiros exemplos de ficción científica en ruso. As súas novelas Aelita (1923) sobre unha viaxe a Marte e Гиперболоид инженера Гарина (1927) tiveron unha inmensa popularidade entre o público. A primeira foi adaptada nun filme pioneiro na ficción científico en 1924. O seu relato sobrenatural Conde Cagliostro, inspirou o filme de 1984 Formula lyubvi.
En 1974, un planetoide descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Zhuravlyova foi nomeado 3771 Alexejtolstoj na súa honra.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.