Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alcide Charles Victor Marie Dessalines d'Orbigny, nado en Couëron, Loira, Francia o 6 de setembro de 1802 e finado en Pierrefitte-sur-Seine, Sena-San Denis, Francia, o 30 de xuño de 1857, foi un naturalista, zoólogo, malacólogo, xeólogo paleontólogo, arqueólogo, antropólogo e explorador francés.
Membro dunha familia de médicos especializados nas ciencias naturais, antes de cumprir os 20 anos era xa un naturalista experimentado e de prestixio, que até o famosísimo Cuvier o citaba habitualmente.
Visitou Suramérica, enviado polo Museo Nacional de Historia Natural de Francia, nunha viaxe de exploración científica, tras a cal escribiu unha obra monumental, que constitúe un relato histórico referido ao Uruguai, o Brasil, Paraguai, a Arxentina, Chile, o Perú e Bolivia.
Chegou a Montevideo a finais de 1826, aos 24 anos de idade, para explorar a Banda Oriental. Desembarcou en Buenos Aires en xaneiro de 1827. Remontou o río Paraná até Corrientes, aloxándose en Rincón de Luna, Itatí, Goya e no Iberá. Visitou o Chaco, onde observou a nación Toba, e regresou a Buenos Aires.
O seu interese pola xeografía, a zooloxía, a botánica e pola situación política e económica, permítenos ter actualmente unha exacta descrición daqueles tempos.
De regreso a Buenos Aires, a mediados de 1828, despois de visitar o litoral, D'Orbigny presenciou a revolución de Juan Lavalle contra Dorrego.
Posteriormente d'Orbigny explorou a Patagonia e, aínda que no puido percorrer persoalmente a provincia de La Pampa, pediulle a un home da súa confianza, Narciso Parchappe, que redactaran informe sobre ela que incluíu no libro. Viaxou por mar a Carmen de Patagones, onde permaneceu oito meses. Explorou a boca do río Negro, a baía San Blas e Punta Rasa. Tomo contacto cos indios aucas, puelches e patagones, cuxos costumes describiu en detalle, e narrou unha excursión ás salinas e a caza de ñandús e de focas.
Chegou seis anos antes que Darwin á Arxentina e descubriu varios centos de especies de vexetais e de animais, como os enigmáticos caracois cegos. Detallou como eran os solos da provincia de Entre Ríos e, ao regresar ao seu país sufriu o desaire dos seus pares que non o recoñecían como paleontólogo e rexeitaron o seu ingreso na Academia de Ciencias francesa.
Francia nese momento estaba destinando naturalistas cara a todo o mundo. O Museo Nacional de Historia Natural de Francia dáballes por escrito instrucións sobre como clasificar e enviar os fósiles ou outras pezas de interese. Por iso d'Orbigny foi adestrado por varios expertos, incluíndo o alemán Alexander von Humboldt. Buenos Aires xa fora visitada asnteriormente polo francés Amado Bonpland e o español Félix de Azara.
O mellor antecedente de D'Orbigny para ser elixido para a súa misión foi o estudo que fixera sobre os foraminíferos, seres unicelulares mariños que non miden máis dun milímetro. Por isto, considérase como o fundador da micropaleontoloxía.
A existencia de restos fósiles dos tuco-tuco, roedores cavícolas propios de Suramérica do xénero Ctenomys, foi descrita por el. Tamén se concentrou no estudo de moitas especies mariñas.
En 1834 D'Orbigny volveu Francia e escribiu a súa monumental obra en nove volumes Voyage dans l'Amerique Méridionale ("Viaxe á América Meridional"), unha obra que só é comparábel cos escritos de Humboldt acerca da América equinoccial.
D´Orbigny iniciouse cunha descrición do home americano (guaranís, mapuches, calchaquís e quechuas), a súa historia e os seus costumes.
Logo, seguiron estudos sobre máis de 160 mamíferos, 860 aves, 115 réptiles, 170 peixes, 5 000 insectos e crustáceos, 3 000 plantas e numerosísimos datos xeológicos, paleontolóxicos e etnográficos.
Os seguintes taxons levan o seu nome no seu honor:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.