Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Albertus Seba, nado en Etzel o 2 de maio de 1665 e finado en Ámsterdam o 3 de maio de 1736, foi un farmacéutico holandés, zoólogo, ilustrador científico e dono dunha colección de Ciencias Naturais que acabou distribuída por toda Europa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1665 Etzel, Alemaña (en) |
Morte | 2 de maio de 1736 (70 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Lugar de traballo | Ámsterdam |
Ocupación | escritor, farmacéutico, ornitólogo, zoólogo, farmacólogo |
Período de actividade | 1680 - 1736 |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Naceu en Etzel, na Frisia Oriental, fillo dun agricultor. Na escola da vila destacou, aprendeu latín e en 1684 foi a Sande para aprender farmacia. Despois, mudouse a Groninga e traballou sucesivamente en Ámsterdam, Nürnberg e Estrasburgo. En 1697 fixo o traballo de fin de mestrado en Ámsterdam. Casou con Anna Lopes o ano seguinte e a parella tivo dous fillos. En 1700 comprou 2/3 dunha casa no barrio de Haarlem nunha poxa de execución hipotecaria; en 1706 comprou o resto e formou alí 19 alumnos. Ademais das súas actividades como farmacéutico no edificio cos Eenhoorn (unicornios) na fachada, era grosista (comerciante por xunto) de medicamentos.
Seba era popular entre os mariñeiros e os cirurxiáns. Pedíalles que lle trouxesen cousas que puidese usar ou que lle interesasen, ás veces cando un barco atracaba no Nieuwe Waal, Seba era o primeiro en ver se había algo para el. As plantas e produtos animais exóticos era o que máis procuraba. Así foi como Seba conseguiu a súa colección de aves, cobras, lagartos, insectos e cunchas. En 1711 converteuse en provedor de Pedro o Grande e en 1716, tras unha longa correspondencia, vendeu ao tsar a súa colección de animais en formaldehído, insectos e artigos diversos por 15.000 floríns. A colección, 17 caixas, chegou tres meses despois. O tsar tamén comprou toda a colección ao anatomista e botánico Frederik Ruysch en 1717. Estas dúas coleccións estaban destinadas ao museo máis antigo de Rusia.
A colección foi inicialmente aloxada no seu palacio de verán de San Petersburgo, pero pronto estivo dispoñible un palacio da cidade adecuado, cuxo propietario fora executado. En 1728 rematouse a construción dun predio en San Petersburgo e a colección trasladouse ao primeiro museo construído como tal no mundo. Máis tarde, os animais de Seba aloxáronse nun museo zoolóxico recentemente creado, xusto ao lado.
En 1752 a súa colección foi poxada e distribuída. Os dous últimos volumes do catálogo publicáronse postumamente (1758 e 1765). A parte sobre a pesca preparouna Peter Artedi, que caeu á canle en 1735 despois dunha cea con Seba e afogou.
En abril de 1735 Carl von Linné foi aos Países Baixos, con Linné coa idea de conseguir o grao de doutor en medicina na Universidade de Harderwijk.[1] No camiño detivéronse en Hamburgo onde tiveron un encontro co alcalde, quen orgullosamente lles mostrou unha marabilla da natureza que posuía: os restos embalsamados dunha hidra de Lerna de sete cabezas. Linné enseguida viu que era falsa e que se trataba en realidade de mandíbulas e pés de denociñas pegadas a peles de serpes. A procedencia da hidra fixo pensar a Linné que fora fabricada por monxes para representar a besta da Apocalipse. Aínda que isto podía preocupar o alcalde, Linné fixo públicas as súas observacións e o soño do alcalde de vender a hidra por unha suma enorme arruinouse completamente. Tendo medo da súa ira, Linné e Sohlberg marcharon de Hamburgo rapidamente.[2][3] Albertus Seba debuxou a hidra en diversas versións.
En 1728 Seba converteuse en membro da Royal Society. Comezou cunha nova colección e preparou unha publicación. Petrus van Musschenbroek e Hieronimus David Gaubius axudárono a catalogar. En 1734 e 1735 publicou en latín os dous primeiros volumes dun catálogo con gravados da súa colección.[4] Linneo visitou o gabinete en 1735 en dous días consecutivos.
Seba tivo problemas nos riles e morreu en 1736. Está enterrado no Westerkerk de Ámsterdam.
Seba conmemórase nos nomes científicos de dúas especies e unha subespecie de cobras: Ninia sebae, Python sebae e Oxyrhopus petola sebae.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.