From Wikipedia, the free encyclopedia
Alavivo (en latín: Alavivus) morto polo 376/377, foi un líder tervingo durante a entrada do seu pobo no Imperio Romano. As súas orixes son incertas. Aparece por primeira vez no 376, cando dirixiu as negociacións co emperador Valente (reinado 364–378) para que o seu pobo fose asentado nos dominios imperiais. En terras romanas, os tervingos sufriron moitas probas debido ao mal trato aos funcionarios romanos. Alavivo e Fritixerno foron invitados a unha festa de reconciliación en Marcianópolis polo xeneral Lupicino, pero debido aos disturbios provocados por algúns godos famentos, Alavivo for asasinado ou encarcerado e Fritixerno escapara por pouco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV |
Morte | 376 Marcianópolis, Bulgaria |
Chieftain of the Tervingi (en) | |
376 – 376 ← Atanarico – Fritixerno → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
A finais da década do 360, os tervingos sufriron a peor parte da guerra civil. O rei (reiks) Fritixerno xurdira como un rival do xuíz Atanarico, e era partidario da política prorromana e procristiá, xa que, segundo o historiador Sozómeno, era cristián e, polo tanto, opuxérase á persecución desatada contra os cristiáns levada a cabo por Atanarico.[1] A mediados da década de 370, as invasións dos hunos provocaran unha forte presión sobre os tervingos[2] e obrigando, tamén aos grutungos, outra póla dos godos, a se desprazaren á fronteira tervinga.[3]
Malia a ser derrotado na guerra civil contra Fritixerno, Atanarico seguía a se-lo xuís dos tervingos e reunira un exército para enfrontar aos invasores hunos. Aproveitando a circunstancia, Fritixerno, negouse a enviarlle reforzos,[3] o que provocou a derrota das forzas de Atanarico que se viron obrigadas a se retiraren a Caucalandia.[4]
As orixes de Alavivo son incertas. García Moreno suxeriu, a través da onomástica do seu nome, que estaba relacionado coa dinastía Baltinga, quizais como parente próximo de Atanarico,[5] mentres que Wolfram o consideraba o pai do futuro rei Alarico (reinado 395–410).[6] Aparece por primeira vez no verán de 376, cando Fritixerno convencera a moitos dos seguidores de Atanarico para que o abandonasen e despois convenceu aos tervingos para pedir axuda aos romanos. Así, Alavivo aparece citado como o líder das negociacións que seguiron, posiblemente debido ao seu maior status aristocrático.[4] O historiador romano Amiano Marcelino, ao mencionalo, defíneo como un duque.[7][5] Herwig Wolfram considera que, a pesar de non aparecer como tal, era certamente un rei.[8]
Alavivo e Fritixerno obtiveron o permiso do emperador Valente, quen anos antes axudara a Fritixerno na guerra civil tervinga,[9] para establecérense no imperio[10][11] como dediticios ("suplicantes" ou "rendidos"),[lower-alpha 1] pero non antes de asegurarse de que o seu pobo se convertería plenamente ao cristianismo ariano antes de cruza-lo Danubio.[11] Segundo a resposta de Valente, que por aquel entón estaba estacionado en Antioquía, podíanse asentar en Moesia Secunda e Dacia Ripense e recibirían axuda romana durante a súa migración a través do río e antes de ser autosuficientes e capaces de subsistir. Debido a que estaba en guerra co Imperio sasánida, Valente esperaba poder recrutar á maioría dos tervingos como soldados para fortificar as cidades de Oriente,[15] e tamén se esperaba que o resto fosen asentados como agricultores e despois pagasen impostos.[16]
O plan, con todo, foi frustrado. Os emigrantes cruzaron preto de Durostorum (actual Silistra, Bulgaria)[17] e o seu número superou moito a cantidade prevista,[lower-alpha 2] facendo que as subministracións recollidas fosen moi insuficientes (DeVries suxire subministracións para 50.000 persoas),[19] unha situación agravada pola atraso de case dous meses para a chegada da resposta imperial dende Oriente. Ademais, aproveitando a fame resultante que sentían os acabados de chegar, os oficiais romanos Lupicino e Máximo gañaron moitos cartos trocando pequenas cantidades de comida e carne de cans por rapaces tervingos para seren escravizados e vendidos en Roma;[15] mesmo incluídos os de orixe nobre.[22]
Como unha forma de controlar os inquietos continxentes tervingos, Lupicino ordenou que as tropas de Tracia fosen dirixidas para escoltar aos inmigrantes a un campamento nos arredores de Marcianopolis.[23] Nesa cidade, probablemente no outono do 376[24] ou no inverno do 376/377,[25] Lupicino convocou a Fritixerno e Alavivo a unha festa de reconciliación.[lower-alpha 3] Durante a reunión un grupo de tervingos famentos atacaron as inmediacións do asentamento, o que foi interpretado polos romanos como un intento de revolta polo que Lupicino e Máximo ordenaron aos seus homes que matasen os gardas dos xefes tervingos. Segundo Xordanes, no medio da confusión, Alavivo foi asasinado mentres Fritixerno conseguiu escapar;[28] porén, para Amiano Marcelino, Alavivo foi feito prisioneiro e Fritixerno conseguiu convencer a Lupicino de que o deixase marchar coa pretensión de poder calmar o seu pobo.[29][30]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.