Remove ads

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias[2] (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como Adif, é unha entidade pública empresarial dependente inicialmente do Ministerio de Fomento de España (hoxe Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana), que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
Thumb
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
Thumb
Edificio de Adif en Madrid, construído en 1890, sede das antigas oficinas da Compañía M.Z.A. e, posteriormente, de RENFE
TipoEntidade pública empresarial
Fundación2005
MatrizMinisterio de Fomento de España
LocalizaciónRúa Sor Ángela de la Cruz, 3. 28080 Madrid España España
FundadorRENFE (escisión)
Persoas claveMaría Luisa Domínguez González (Presidenta)[1]
Raquel Sánchez Jiménez (Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana)
IndustriaFerroviaria
ProdutosInfraestruturas
Número de empregados12 922
(Datos a 31-12-2015)
Na rede
https://www.adif.es/ e https://www.adif.es/ca/
Facebook: Adif Twitter: Adif_es Instagram: adif_es Youtube: UC8M00kfZ30MowZA9GORzOsQ Vimeo: user13110272 BNE: XX238121 Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Xerencia norte.
Thumb
Coche de ADIF.

Adif herdou a infraestrutura das extintas RENFE (2005) e FEVE (2013), polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de España.

A data de 31 de decembro de 2015 administraba 15 384 quilómetros de vías e 1 903 estacións, 41 delas por Adif AV (alta velocidade).[3] Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Remove ads

Historia

Adif é froito da Lei do Sector Ferroviario, que xorde da transposición de Directivas europeas, e que obriga a que as grandes ferroviarias nacionais europeas xestionen de forma independente a infraestrutura e os trens que circulan por ela. O obxectivo final é permitir a calquera outra operador ferroviaria circular pola rede en condicións de igualdade cos trens de Renfe Operadora, promovendo a libre competencia.

A división de RENFE fíxose efectiva o 1 de xaneiro de 2005 entre dúas empresas:

  • Renfe: propietaria dos trens e encargada da súa circulación, que traballa en competencia con outras compañías ferroviarias.
  • Adif: propietaria da infraestrutura e encargada da súa xestión, que proporciona os seus servizos a calquera operador ferroviario que os solicite.

A división tivo algunhas particularidades como, por exemplo, que a venda de billetes en estacións ata agora é competencia de Adif, en contra do que ocorre noutros administradores de infraestruturas (AENA, estacións de autobús...), e que as estacións exclusivamente de proximidades son propiedade de Adif pero son xestionadas por Renfe. Isto é posible debido a que as redes de proximidades non son obxectivo da libre competencia.

O 31 de decembro de 2012 realizouse unha operación similar coa compañía que xestionaba os ferrocarrís de vía estreita, FEVE, facéndose cargo Adif de toda a infraestrutura de vía estreita non transferida a comunidades autónomas.[4]

A partir do 1 de xaneiro de 2014 o Real Decreto 15/2013[5][6] divide ao Adif en dúas sociedades:

  • Adif, encargada da xestión da rede convencional.
  • Adif Alta Velocidad, encargada da construción e mantemento das liñas de alta velocidade e que herda o groso da débeda do anterior Adif.

Segundo os medios, o obxectivo fundamental da segregación é o cumprimento das modificacións operadas polo Sistema Europeo de Contas e os novos criterios contables establecidos no mesmo, que esixe ás empresas públicas que polo menos o 50 % dos gastos estean cubertos pola súa actividade comercial (e non por subvencións) para que o seu pasivo non compute como déficit. Mantense unha estrutura organizativa única.[7]

Remove ads

Xerencias operativas

Adif controla o tráfico ferroviario en España a través de seis xerencias operativas, encadradas na Dirección Ejecutiva de Circulación e localizadas en:

Actividades e funcións

As principais actividades de Adif son tres:

  • Construción por encomenda do Ministerio de Fomento español de novas liñas ferroviarias, entre elas as novas liñas de Alta Velocidade.
  • Mantemento das infraestruturas necesarias para a operación ferroviaria.
  • Atribución de capacidades da liña da rede e xestión da circulación en réxime de seguridade para a operación ferroviaria.

Rede ferroviaria

Todas as liñas que pertencían a RENFE na súa escisión pasaron a titularidade estatal, sendo administradas por Adif. Á rede orixinal únense as liñas que foron construídas desde a creación de Adif.

Esta rede componse de todas as liñas de vía ancha de España, fóra das liñas Barcelona-Vallès e Lleida-La Pobla de Segur, de carácter rexional e pertencentes a FGC. Tamén inclúe unha liña de vía estreita, a Liña C9 de Proximidades Madrid.[8]

Infraestruturas para mercancías

Adif mantén unha ampla rede de infraestruturas e terminais para o tratamento de mercancías. As instalacións de mercadorías divídense en dous grupos, 1 e 2, dependendo dos servizos que ofrezan.

Nas instalacións de mercancías, ademais dos labores típicos dunha estación ferroviaria, pódense realizar todo tipo de manobras, transbordo de mercancías, manipulación de colectores, almacenaxe, planificación, alugueiro de medios auxiliares, limpeza de material, aparcadoiro de vehículos etc.

Ademais, os trens poden recibir varios servizos nas instalacións de Adif, como subministración de area e combustible.

Remove ads

Presidencia

Notas

Remove ads

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads