bióloga, activista e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Adela Figueroa Panisse 6 de decembro de 1948 (75 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Ciencias Biolóxicas |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa , activista , bióloga , escritora , profesora de ensino secundario |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Fillos | tres |
Pai | Antón Figueroa Mosteiro |
É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e foi catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996 ata a súa xubilación. Antes estivo no IES A Xunqueira, IES Valle Inclán e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Desde o ano 1990 é Mestrado en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia e o Centro Forestal de Lourizán, tamén coa Universidade do Minho como bolseira, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.[2]
Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nunca Máis en Lugo, así como presidenta de ADEGA (2005-2010), das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (sita en Ramil, Agolada). Participou nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Foi vogal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos e colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvemento.[3]
Así mesmo ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA, Agália ou Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros, A Nosa Terra, Praza Pública, Sermos Galiza e Nós Diario.
É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén escribiu obra en prosa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, contos populares, de humor; tamén de terror e misterio.[4]
En 2021 publicou As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, da que di Claudio Rodríguez Fer[5]:
é unha obra chea de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.
Tamén colaborou en libros de texto de Bioloxía/Xeoloxía de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato da editorial ECIR.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.