Achkhabad
capital de Turcomenistán From Wikipedia, the free encyclopedia
capital de Turcomenistán From Wikipedia, the free encyclopedia
Achkhabad[1][2][3] (transliterado do ruso Ашхабад; en turcomán Aşgabat) é a capital de Turkmenistán e a principal cidade dese país, con 773 400 habitantes (xaneiro de 2004). Atópase situada nun oasis no deserto de Karakum, xunto aos montes Kopet Dag, preto da fronteira con Irán.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Aşgabat (tk) | ||||
Epónimo | valor descoñecido | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Turkmenistán | |||
Capital de | Turkmenistán (1991–) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.030.063 (2022) (1.346,49 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua turcomá | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 765 km² | |||
Altitude | 219 m | |||
Creación | 1881 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Shamuhammet Durdylyyev (pt) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 744000 — 744901 | |||
Fuso horario | ||||
ISO 3166-2 | TM-S | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | ashgabat.gov.tm… |
A poboación é maioritariamente musulmá sunnita. Existen minorías cristiás de orixe rusa e armenia.
Ashkhabad é unha cidade relativamente nova, que se desenvolveu a partir dunha aldea do mesmo nome fundada en 1818. Atópase situada cerca da localización orixinal de Nisa, a antiga capital dos partos, e das ruínas da cidade de Konjikala na Ruta da Seda, que foi destruída polos mongois.
En 1869, o exército ruso construíu unha fortaleza sobre un outeiro próximo á aldea, e a presenza militar, unida á seguridade derivada desta, atraeu a numerosos mercadores e artesáns á zona. A rexión foi anexionada en 1884 por Rusia, que decidiu desenvolver a cidade como un núcleo comercial debido á súa proximidade ao territorio de Persia, entón baixo influencia británica. Naquela época, considerábase unha cidade moderna e elegante, con moitas tendas e hoteis, e edificios de estilo europeo.
En 1917, tras establecerse o control soviético, a cidade foi renomeada como Poltoratsk, en honra dun revolucionario local. O nome Ashkhabad, na súa forma rusa "Ashjabad", foi restablecido en 1927. A partir deste momento, a cidade experimentou un rápido crecemento e industrialización, que se viron interrompidos por un grave terremoto o 6 de outubro de 1948. Estímase que o sismo alcanzou un grao 9 na escala de Richter, e deixou sen vida a máis de 110 000 persoas (2/3 da poboación total da cidade). Os medios oficiais soviéticos, con todo, anunciaron unha cifra de mortos moito máis baixa, de 14 000.
En 1991, coa proclamación da independencia de Turkmenistán, converteuse na capital nacional do novo estado.
A cidade é o principal centro económico e comercial do país. As principais industrias da cidade son os téxtiles de algodón e a metalurxia.
A maior parte da cidade antiga foi destruída polos terremotos, en particular polo de 1948. Por iso, Ashkhabad carece do típico casco antigo oriental que posúen outras cidades centroasiáticas.
Na cidade existen diversos museos de arte e de historia. É famoso o seu xardín botánico, así como varias mesquitas modernas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.