Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Acció Catalana (en galego: Acción Catalá) foi un partido catalanista do primeiro terzo do século XX, creado en 1922 como escisión da Lliga Regionalista. Entre os seus principais dirixentes apareceron Jaume Bofill, Antoni Rovira i Virgili e Lluís Nicolau d'Olwer. En 1927, se producirá unha escisión que deu paso a Acció Republicana de Catalunya para, de novo, reagruparse en 1931 no Partit Catalanista Republicà que, en 1933, cambiará o nome a Acció Catalana Republicana.
Acció Catalana | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Jaume Bofill |
Historia | |
Fundación | 1922 |
Disolución | 1931 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | catalanismo, liberalismo |
Outros datos | |
Sede | Barcelona |
A "guerra social" desatada en Cataluña a partir de febreiro de 1919 coa Folga da Canadiense tivo como consecuencia que a Lliga Regionalista de Francesc Cambó abandonase a campaña "Per Catalunya i l'Espanya Gran a favor dun Estatuto de Autonomía para Cataluña". Esta nova política da Lliga de dar prioridade á defensa da "orden social" fronte á reivindicación estatutaria, provocou a radicalización de amplos sectores do nacionalismo catalán, especialmente a Joventut Nacionalista da Lliga, decepcionados coa nova estratexia do catalanismo conservador. O resultado foi o nacemento de dúas novas formacións nacionalistas catalás máis radicais: Estat Català, fundada en xullo de 1922 e liderada polo excoronel Francesc Macià, e Acció Catalana.[1]
Acció Catalana foi fundada durante a Conferéncia Nacional Catalana, que foi unha asemblea política convocada durante o 4 e 5 de xuño de 1922 en Barcelona que reuniu a elementos da Joventut Nacionalista (como o Centre de la Unió Nacionalista presidido en Tarragona por Manuel Galés), disidentes da Lliga Regionalista encabezados por Jaume Bofill,[2] antigos membros da Unió Federal Nacionalista Republicana, como Antoni Rovira i Virgili,[3] e outros intelectuais independentes que estaban desconformes coa actuación política da Lliga, que foi cualificada pouco catalanista e demasiado dereitista e oportunista por mor da participación de Francesc Cambó nun goberno en Madrid presidido por Antonio Maura sen recibir ningunha contrapartida para o catalanismo.[4]
Por outra banda, na Conferencia apareceu como modelo o exemplo irlandés creouse o novo partido que, aínda que non eran independentistas, si foron firmes defensores da cohesión nacional catalá a través da actividade social e cultural polo que marcaron como obxectivo acadar unha República Catalana, independente ou federada. Seguindo ese modelo, Acció Catalana, mesmo chegou a formar un embrión de "Exército catalán", coa creación da clandestina Societat d'Estudis Militars ou Servei d'Entrenament Militar (SEM).[5]
O primeiro comité central estivo formado por Jaume Bofill i Mates, presidente, Lluís Nicolau d'Olwer, Antoni Rovira i Virgili, Carles Jordà, Ramon d'Abadal i de Vinyals e Leandre Cervera. O diario «La Publicidad», adquirido polo novo partido e catalanizado integramente (pasou a chamarse «La Publicitat») converteuse no seu órgano de expresión. Igualmente, editaron durante unha temporada a revista Acció Catalana, que contou coa participación de importantes intelectuais do momento.[2]
Nas primeiras eleccións nas que participou conseguiu uns resultados excelentes, conseguindo 5 deputados á Mancomunitat:[6] tres en Barcelona, un en Vilanova-Sant Feliu e o outro en Olot-Puigcerdà. No verán de 1923 pactou cos nacionalistas vascos e galegos a denominada Tripla Alianza.[7]
En 1927, o sector máis esquerdista de Acció, encabezado por Antoni Rovira i Virgili, Leandre Cervera e Macià Mallol, foise distanciando a partir da creación dun novo xornal, La Nau, ó redor do cal, o ano seguinte, creouse un novo partido: Acció Republicana de Catalunya.[8]
Pola súa banda, Acció Catalana, trala caída da Ditadura de Primo de Rivera en xaneiro de 1930, con Bofill i Mates de novo á fronte da mesma, transformouse nun verdadeiro partido político abandonando o proxecto inicial do aplec de patriotes, e apareceu definida como unha forza de centro co lema "República, Democracia, Catalanismo e Liberalismo". En agosto, ambos partidos participaron no Pacto de San Sebastián, no que Acció Catalana enviou como delegado a Manuel Carrasco i Formiguera que selou a súa alianza cos partidos republicanos españois e conseguiu que Lluís Nicolau d'Olwer fose nomeado membro do goberno provisional da República española, presidido dende a clandestinidade por Niceto Alcalá-Zamora.
En marzo de 1931, os dous partidos fusionáronse de novo nun só partido: o Partit Catalanista Republicà, que nalgunhas localidades adoptou o nome de Centre Catalanista Republicà, e que en marzo de 1933 pasaría a se denominar Acció Catalana Republicana.[2]
Porén, a pretensión de Acció Catalana de se converter na nova forza política hexemónica de Cataluña no se fixo realidade porque nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi completamente superada por Esquerra Republicana de Cataluña encabezada por l'Avi ("o avó") Francesc Macià, o heroe do complot de Prats de Molló de 1926. A pesar de todo, Acció Catalana "mantívose como un partido político liberal e democrático" e "a súa influencia moral e intelectual ... seguirá sendo moi superior á súa representación política efectiva ", afirma Montserrat Baras.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.