familia de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
A das acantáceas (Acanthaceae) é unha familia de plantas fanerógamas da orde das lamiales, que reúne 256 xéneros cunhas 2 770 especies propias das zonas tropicais e subtropicais. Só unhas poucas especies distribúense en rexións temperadas. Os catro principais centros de distribución son Indonesia e Malaisia, África, Brasil e Centroamérica.
Acantáceas Acanthaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acanthus mollis, follas e inflorescencia | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias, Tribos e Subtribos | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Os representantes da familia pódense achar en case todos os hábitats, incluíndo bosques densos ou abertos, matogueiras, campos e vales húmidos, costas mariñas, pantanos e bosques de manglais.
O seu nome débese a un dos seus representantes, o acanto, unha herbácea empregada en xardinaría nas zonas temperadas cuxas follas inspiraron na Grecia antiga a decoración da capitel corintio.
Inclúe tamén xéneros de interese medicinal, como Justicia, con especies ricas en antidepresivos.
O seu xénero tipo é Acanthus, Linnaeus.
As prinxipais acarcterísticas das especies desta familia son:[1]
A familia foi descrita en 1789 polo médico e botánico francés Antoine Laurent de Jussieu, na súa obra Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam, anno 1774. MS. notes. París, 1789.[2][3]
A familia subdívídese nas seguintes subfamilias, tribos e subtribos.[2]
Ademais de polo nome actualmente válido, a familia comeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Esta familia estivo antigamente situada na orde das escrofulariales, pero a clasificación filoxenética situouna na orde das lamiales.[4]
Segundo o Angiosperm Phylogeny Website, ao engadir os diferentes xéneros da familia das nelsoniáceas, esta familia conta con 3 500 especies, comprendidas en 229 xéneros.[4] A clasificación filoxenética APG II (2003) engade o xénero Avicennia, que anteriormente formaba el só a familia das aviceniáceas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.