Abelmoschus manihot
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A aibika (Abelmoschus manihot) é unha especie de planta pertencente á familia Malvaceae. Anteriormente estaba considerada unha especie do xénero Hibiscus, pero foi trasladada a Abelmoschus.
Aibika | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Flor | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Abelmoschus manihot' (L.) Medik |
Descrición
Son arbustos que acadan ata os 2,50 metros de altura. A folla é palmada. O bordo dentado das follas é groso. As flores son de cor amarela cun punto de cor púrpura escuro no centro. Os froitos son ovados a oblongos, híspidos.
O período de floración esténdese dende xullo ata setembro.
Usos
No Xapón, a planta coñécese coma tororo aoi e úsase para facer neri, unha substancia con amidón que é empregada na fabricación de Washi. En Corea, esta planta coñécese como Hwang Kyu chok e emprégase para facer dak Pul, que axuda na toma de Hanji.
Sinonimia
Galería
- Flores e follas
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.