Abade, Moeche
parroquia civil do concello de Moeche From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Moeche From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Abade[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 271 habitantes (137 mulleres e 134 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.
Abade | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Abade. | |
Concello | Moeche[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°34′43″N 7°59′48″O |
Poboación | 271 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Cedeira e á provincia de Betanzos. En 1826 tiña 284 habitantes[2], e en 1846 tiña 189[3]. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A igrexa está situada no lugar de Leboreiro. Ten planta rectangular dunha soa nave con sancristía. O presbiterio é abovedado, con dous pequenos contrafortes no exterior, e está separado da nave por un arco de triunfo.[4] En 1846 a igrexa era anexa á de Labacengos.
A parroquia está atravesada pola estrada AC-862 (antiga C-642).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.