A tropa de trapo na selva do arco da vella (en castelán: La tropa de trapo en la selva del arcoíris) é un filme español de animación en 3D de 2014 dirixido por Àlex Colls. Baséase na serie de animación A tropa de trapo que se emitiu en galego na TVG, e é o segundo filme baseado nestes personaxes, logo de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (2010).[1] Destinada a nenos entre dous e seis anos, o director declarou que quixo facer un filme que fose "a primeira experiencia que un neno pode ter no cinema".[2] Estreouse en galego.[3]
A tropa de trapo na selva do arco da vella | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La tropa de trapo en la selva del arcoíris |
Director | Àlex Colls |
Guión | Lola Beccaria |
Baseado en | A tropa de trapo |
Música | Zeltia Montes |
Estudio | Abano Producións Raiz Produções Cinematográficas |
Estrea | 30 de abril de 2014 |
Duración | 74 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Filme anterior | A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol |
Na rede | |
Ao igual que na serie, o filme está protagonizado por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo. Nesta historia, todos os personaxes senten a necesidade de axudar os animais que teñen moitas dificultades para sobrevivir. Por iso, organizan unha expedición solidaria que os levará até a selva do arco da vella. Alí terán que empregar o seu enxeño, coñecementos e esfozo para salvar o arco da vella, que simboliza os soños e os xogos.
Estivo nomeado na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor filme de animación, mais o premio levouno o filme Maimiño. Foi nomeado tamñen ao Premio Gaudí ao mellor filme de animación, mais o premio levouno Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo.[4] Tamén foi nomeado ao Goya ao mellor filme de animación[5] e ao mellor filme de animación nas Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos de 2014.[6]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.