Lola Beccaria

escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia

María Dolores Beccaria Cigüeña, máis coñecida como Lola Beccaria, nada en Ferrol en 1963, é unha escritora galega en lingua castelá.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Lola Beccaria
Biografía
Nacemento1963 (61/62 anos)
Ferrol, España
Actividade
Ocupaciónescritora, novelista
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto contra a morte do espírito e da terra

Descrito pola fonteObálky knih,
Dialnet: 16615
Pechar

Traxectoria

É doutora en filoloxía hispánica e terapeuta Gestalt polo Centro de Terapia e Psicoloxía de Madrid (CTP). Traballou na Real Academia Española como lexicógrafa e lingüista, e actualmente desempeña o seu labor no departamento de consultas lingüísticas. Ademais, colabora como crítica literaria no suplemento cultural ABCD do xornal ABC.

Descubriu e editou unha comedia perdida de Lope de Vega, El otomano famoso (Editorial Áltera, 1996). Foi finalista do Premio Nadal no ano 2000 coa súa novela La Luna en Jorge, e en febreiro de 2009 conseguiu o premio Azorín por El arte de perder[1]

Novelas

  • La debutante (1996) [2]
  • La Luna en Jorge (2000). Finalista do Premio Nadal
  • Una mujer desnuda (2004)
  • Mariposas en la nieve (2006)
  • El arte de perder (2009, pendente de publicación). Premio Azorín 2009.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.