serie de televisión de animación infantil From Wikipedia, the free encyclopedia
A tropa de trapo[1] (en inglés: The Happets; e en castelán: La tropa de trapo) é unha serie española de animación infantil creada por Àlex Colls e producida pola compañía Abano Producións de Chelo Loureiro e Anera Films. Emitiuse orixinalmente en 2010 e componse de 52 episodios duns 7 minutos de duración.
Formato |
|
---|---|
Creado por | Àlex Colls |
Desenvolvido por | Abano Producións, S.L. Anera Films |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 52 |
Duración | 7 minutos |
Primeiro episodio | 2010 |
Na rede | |
http://www.thehappets.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Emitiuse en galego a través da TVG[2] o 28 de abril de 2011.[3]
A serie está protagonizada por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo.
A serie inspirou dous filmes, sendo o primeiro A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol en 2010.[4][5][6][7] Este filme foi a primeira experiencia do cinema español en animación 3D para o público infantil. Foi un proxecto presentado na Semana Internacional de Cine de Valladolid (SEMINCI) dese mesmo ano.[8] O segundo filme foi A tropa de trapo na selva do arco da vella en 2014.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.