A Agra do Orzán, A Coruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Agra do Orzán é o barrio máis populoso[3] (29 139 habitantes, ano 2011[4]) da Coruña. Con só 0,423 km² de superficie, a densidade de poboación acada os 68 887,52 hab/km², a máis alta do concello. Está situado na parte oeste da cidade, cara a onde se foi desenvolvendo durante os anos 70 e 80 do século XX, incorporando zonas moi variadas. Un dos seus atractivos é a rúa Barcelona, que é peonil e conta cun comercio moi activo.
A Agra do Orzán, A Coruña | |
---|---|
Rúa de Barcelona, na Agra do Orzán. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′44″N 8°25′14″O |
Poboación | 26 252[1] hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa superficie quedaría circunscrita dentro da área delimitada polas seguintes vías, comezando pola situada máis cara ao norte e continuando en sentido horario: rúa Manuel Murguía, ronda de Nelle, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada (que incluiría o polígono do Ventorrillo, de nova traza), rúa Ágora, travesía Pedreira Ríos e ronda de Outeiro.
A Agra do Orzán identifícase co distrito censal 6 da Coruña.[5][6]
O topónimo provén do latín ager, -ri, e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.
A historia urbana do barrio iniciouse nos anos 40 cando comezaron a establecerse emigrantes doutras zonas de Galicia nos campos da Agra do Orzán, onde construían "ranchitos", casas unifamiliares con horta. O plan de ordenamento de 1948 definiu o espazo coa creación das roldas de Nelle e Outeiro. A expansión do barrio comezou na década seguinte, con rúas sen planificar e edificios mal orientados. Ademais, o Instituto Nacional da Vivenda construíu o Grupo Mariñeiros en 1957[7] e as Casas de Franco, coñecidas popularmente como "Katanga", en 1963”.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.