Ronda de Outeiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rolda de Outeiro[1] é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende a avenida do Exército, nas proximidades do porto, ata a avenida de Gerardo Porto, un tramo do paseo marítimo.
Rolda de Outeiro | |
---|---|
Cruzamento coa Av. de Fisterra | |
Tipoloxía | Rolda de circunvalación |
Dimensións | |
Lonxitude | 4,5 km |
Formato | 2 ou 3 carrís por sentido |
Localización | |
Inicio | Avenida do Exército |
Fin | Avenida de Gerardo Porto (Paseo marítimo) |
Localidade | A Coruña |
Como chegar | |
Bus | |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
Confluencias principais
|
A rolda de Outeiro aparece tal como se construíu, dende A Gaiteira ata Labañou, no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento de César Cort (1945), no que se recollían algunhas roldas para a cidade, incluídos algúns tramos da rolda de Outeiro.[2]
O nome de Outeiro deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do cruzamento da Rolda coa avenida de Fisterra, o lugar máis alto de toda a estrada.[3]
Hoxe en día a rolda de Outeiro é a rúa máis longa da Coruña. A rolda achega os dous extremos costeiros da cidade pero non estivo rematada ata a construción do polígono dos Rosales en 1994.
Tódalas estradas que entran e saen da cidade da Coruña atravesan a rolda de Outeiro, o que a fai dela unha vía moi saturada en hora punta. A rede semafórica está controlada e programada en función do número de vehículos que circulan por ela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.