From Wikipedia, the free encyclopedia
O ADN satélite é un tipo de secuencias repetitivas do ADN que se separan a partir do ADN cromosómico por ultracentrifugación diferencial. O ADN satélite consta de longas secuencias dispostas en tándem repetitivas e non codificantes. O ADN satélite é o principal compoñente dos centrómeros dos cromosomas e dos telómeros, e forma o principal compoñente estrutural da heterocromatina.[1]
As secuencias de ADN satélite poden ter varios millóns de pares de bases pero as unidades que se repiten son moito máis pequenas e denomínanse "unidade de repetición". Estas unidades varían en lonxitude dun tipo de ADN satélite a outro, desde só 5 pares de bases nos satélites III humanos a 755 pares de bases nos satélites dos xenomas das plantas [2]. Os bloques de ADN satélite poden ter unha lonxitude de varias megabases sen interrupción.
O nome "ADN satélite" débese a que estas secuencias, debido á súa natureza repetitiva, tenden a ter unha frecuencia de nucleótidos (adenina, guanina, citosina e timina) diferente da do resto do ADN, polo que teñen tamén diferente densidade e sedimentan por separado nas ultracentrifugacións de ADN en gradiente de densidade de cloruro de cesio, formando unha banda secundaria ou "satélite" distinta da banda do resto do ADN.
O ADN satélite, xunto co ADN minisatélite e o ADN microsatélite, consta de repeticións en tándem. Algúns tipos de ADN satélite humano son:
Tipo | Tamaño da unidade repetida (bp) | Localización |
---|---|---|
α (ADN alfoide) | 171 | Todos os cromosomas |
β | 68 | Centrómeros dos cromosomas 1, 9, 13, 14, 15, 21, 22 e Y |
Satélite 1 (ou I) | 25-48 | Centrómeros doutras rexións heterocromatínicas da maioría dos cromosomas |
Satélite 2 (ou II) | 5 | A maioría dos cromosomas |
Satélite 3 (ou III) | 5 | A maioría dos cromosomas |
A secuencia nucleotídica das repeticións está bastante ben conservada entre as especies. Porén, é común a variación na lonxitude das repeticións. Por exemplo, o ADN minisatélite é unha curta rexión de (1-5kb) con 20-50 repeticións variables en número.
O xenoma humano contén arredor dun 7 % de ADN satélite.[2].
O ADN α-satélite (tamén chamado ADN alfoide) está constituído por repeticións dun motivo de 171 pares de bases [3]. Atópase no centrómero de todos os cromosomas, onde se estende por rexións con lonxitudes que van desde centos de miles de pares de bases a varios millóns. O número de repeticións e o tamaño total varían dun cromosoma a outro e dun individuo a outro. O ADN α-satélite contribúe á función do centrómero, permitindo o recrutamento da proteína CENP-B (Centromeric protein B) pola intermediación dun motivo conservado de 17 pares de bases. Porén, non é indispensable para a correcta función do centrómero, xa que poden observarse neocentrómeros plenamente funcionais en rexións xenómicas desprovistas de α-satélites[4].
O ADN β-satélite esta constituído por repeticións dun motivo de 68 pares de bases[5]. Aparece en rexións dun tamaño de 50 a 300 kb nos brazos curtos dos cromosomas acrocéntricos (cromosomas 13, 14, 15, 21 e 22), arredor dos centrómeros dos cromosomas 1, 3 e 9 e sobre o brazo longo do cromosoma Y [6].
O ADN satélite III está constituído por repeticións dun motivo de 5 pares de bases (GGAAT), que ocupa varios centos de kb na rexión pericentromérica da maior parte dos cromosomas [2].
O ADN satélite representa arredor do 3,5 % do xenoma murino [7] e está asociado a rexións centroméricas e pericentroméricas de todos os cromosomas. Hai dous tipos de satélites no ADN murino:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.