From Wikipedia, the free encyclopedia
A 45ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de marzo de 1973 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Carol Burnett, Michael Caine, Charlton Heston e Rock Hudson.
A cerimonia estivo marcada polo boicot de Marlon Brando aos premios, que enviou a Sacheen Littlefeather para explicar por que non se presentou a recoller o seu premio ao mellor actor por O padriño, e pola única vitoria competitiva de Charlie Chaplin, na categoría de mellor banda sonora dramática orixinal polo seu filme Limelight, que con vinte anos de antigüidade era elixible porque non se estreou nos Ánxeles ata 1972.[1][2] Chaplin recibira premios honoríficos da Academia en 1929 e 1972.
Cabaret, a adaptación de Bob Fosse do musical de Broadway, estableceu o récord de máis Óscar gañados sen recibir o de mellor película. O padriño, gañador do mellor filme, recibiu só tres premios da Academia.
Este ano foi a primeira vez que dúas mulleres afroamericanas recibiron candidaturas á mellor actriz.[3]
Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.
Mellor filme | Mellor director |
---|---|
|
|
Mellor actor | Mellor actriz |
|
|
Mellor actor secundario | Mellor actriz secundaria |
|
|
Mellor guión orixinal | Mellor guión adaptado |
|
|
Mellor filme en lingua non inglesa | Mellor canción |
|
|
Mellor documental | Mellor curtametraxe documental |
|
|
Mellor curtametraxe de ficción | Mellor curtametraxe animada |
|
|
Mellor banda sonora | Mellor banda sonora adaptada |
|
|
Mellor deseño de vestiario | Mellor son |
|
|
Mellor dirección de arte | Mellor fotografía |
|
|
Mellor montaxe | |
| |
Inicialmente anunciouse, o 12 de febreiro de 1973, que O padriño recibira 11 candidaturas, máis que calquera outra película ese ano.[5][6] Porén, reduciuse a 10 (empatando con Cabaret) tras unha nova votación da rama musical da Academia, tras unha polémica sobre se a partitura de Nino Rota para O padriño era elixible para a candidatura.[7][8] Nesa nova votación, os membros da sección elixiron entre seis filme: O padriño e os cinco filmes que figuraran na listaxe de finalistas á mellor banda sonora dramática orixinal pero que non foran nomeadas. A música de John Addison para A pegada gañou esta nova votación, e así substituíu a Rota na lista oficial de candidatos.[13] A polémica xurdiu, segundo o presidente da Academia Daniel Taradash, porque o tema de amor de O Padriño fora usado previamente por Rota en Fortunella, un filme italiano varios anos anterior.[9]
As candidaturas na categoría de Mellor Canción Orixinal non foron anunciadas en febreiro co resto das candidaturas, segundo se informou por "unha confusión nas votacións".[10] Máis tarde indicouse que a Academia estivera considerando se a canción de Curtis Mayfield "Freddie's Dead" do filme Super Fly debería considerarse elixible. A canción foi declarada inelixible para unha candidatura porque a súa letra non se cantaba na película. A canción foi lanzada como un sinxelo con letra, mais a versión do filme era instrumental. O gobernador da Academia, John Green, dixo: "Os tempos cambiaron. Nos vellos tempos, Hollywood facía 30 ou 40 musicais ao ano e había moitas cancións para escoller. Agora case non hai, e a maioría das cancións elixibles son temas. Tanto a letra como a música deben escoitarse na banda sonora para seren elixibles".[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.