compositor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Nino Rota, nado en Milán, Italia o 3 de decembro de 1911 e finado en Roma, Italia o 10 de abril de 1979, foi un compositor e músico italiano que acadou sona especialmente por ser o creador de bandas sonoras de filmes de Federico Fellini, Francis Ford Coppola ou Luchino Visconti.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2013.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nino Rota naceu en Milán o 3 de decembro do 1911, o seu verdadeiro nome era Nino Rinaldi. Era neto de Giovanni Rinaldi (1840-95) un dos pianistas italianos máis sobranceiros do seu tempo. A súa propia filla, Ernesta Rinaldi foi pianista.
Comezou a súa formación musical ós oito anos de idade. Sendo aínda neno compuxo un oratorio para solista, coro e orquestra: “L’infanzia di San Giovanni Battista”, estreado por vez primeira en 1923. Nese mesmo ano entrou no Conservatorio de Milán onde recibiu clases de Giacomo Orefice e leccións sobre composición de Ildebrando Pizzetti. Posteriormente continuou os seus estudos na Academia Santa Cecilicia de Roma sendo un dos seus Mestres Alfredo Casella. Finalmente trasladouse ós EUA no Curtis Institute de Philadelphia. Alí durante dous anos (1931-32) recibiu as ensinanzas de Rosario Scalero e Fritz Reiner).
Finalmente retornou a Milán para finalizar os seus estudos universitarios, onde presentou a súa tese doutoral (1937) sobre o renacentista italiano Zarlino. Ademais da música, Nino Rota estivo sempre interesado por outras disciplinas artísticas coma a literatura ou a historia musical.
Profesionalmente comezou a impartir clases sobre teoría musical na escola musical de Taranto, para posteriormente ensinar harmonía e composición no Conservatorio de Bari. Finalmente foi nomeado director deste Conservatorio, ocupando o posto durante case trinta anos (1950-78). Morreu en Roma o 10 de abril de 1979.
Director | Película | Ano |
---|---|---|
Federico Fellini | Lo sceicco blanco | 1952 |
I Vitelloni | 1953 | |
La Strada | 1954 | |
Il bidone | 1955 | |
Le notti di Cabiria | 1957 | |
La dolce Vita | 1960 | |
Otto e Mezzo | 1962 | |
Bocaccio ’70 | 1962 | |
Giulietta degli spiriti | 1966 | |
Extraordinary Stories | 1967 | |
Satyricon | 1969 | |
Los Clowns | 1970 | |
Fellini Roma | 1972 | |
Amarcord | 1973 | |
Il Casanova de Federico Fellini | 1976 | |
Prova d’orquestra | 1978 | |
Raffaelo Matarazzo | Treno Popolare | 1933 |
Giorno di nozze | 1942 | |
Edgar George Ulmer | I Pirati di Capri | 1945 |
Alberto Lattuada | Senza pietà | 1948 |
Anna | 1951 | |
Henry Cass | The Glass Mountain | 1948 |
Luigi Comencini | Proibito rubare | 1948 |
La Bella di Roma | 1955 | |
Luigi Zampa | È più facile che un cammello | 1950 |
Terence Young | Valley of eagles | 1952 |
Henri Verneuil | L’Ennemi public numéro un | 1953 |
King Vidor | War and Peace | 1956 |
Mario Monicelli | Il medico e lo stregone | 1957 |
La grande guerra | 1959 | |
Luchino Visconti | Le notti bianche | 1957 |
Roco e i suoi fratelli | 1960 | |
O Gatopardo | 1962 | |
René Clément | Plein soleil | 1959 |
Antonio Pietrangeli | Fantasmi a Roma | 1960 |
Guy Hamilton | The best of Ennemies | 1961 |
Franco Zefirelli | The Taming of the Shrew | 1967 |
Romeo e Julieta | 1968 | |
Sergei Bondarchuk | Waterloo | 1970 |
Francis Ford Coppola | O Padriño | 1972 |
O Padriño II | 1974 | |
John Guillermin | Death on the Nile | 1978 |
Ademais das obras ligadas ó cine, Nino Rota compuxo un número considerable doutras obras musicais. A súa primeira ópera data do 1925: Il príncipe porcaro (baseado nunha historia de Hans Christian Andersen). Posteriormente compuxo Ariodante (Parma, 1942), Torquemada (1943), Il capello di paglia di Firenze (1945) (baseado nunha obra de Eugène Labiche), I due timidi (1950), Lo scoiattolo in gamba (Venecia, 1959), La notte di un nevrastenico (La Scala, 1960), Aladino e la lampada mágica (Nápoles, 1968), La visita meravigliosa (Palermo, 1970) e Napoli milionaria (Spoleto, 1978).
Ademais tamén escribiu música coral, catro sinfonías, o Concerto-soirée para orquestra, un concerto para cordas (1965), un concerto para cuarteto de cordas, varias pezas de cámara para piano, oratorios e diversos ballets: Rappresentazione di Adamo ed Eva (Perugia, 1957), Balli, Le Molière imaginaire(1976) and Amor di poeta (1978).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nino Rota |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.