Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As 24 Horas de Le Mans foi o 23 de 24 Horas de Le Mans, e levouse a cabo o 11 e 12 de xuño de 1955 sobre Circuíto de La Sarthe. Tamén foi a cuarta rolda do Campionato Mundial de Sportscar de 1955. Ao redor de 250.000 espectadores reuníronse para a carreira, ao redor do trazado de 12´875 km. Esta carreira é tristemente soada polo desastre no que morreron 84 persoas, ademais duns 120 feridos no accidente máis terrible na historia do automobilismo.
Tipo | 24 Horas de Le Mans |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Localización e Datas | |
Localización |
Le Mans (Le Mans Métropole (en) ) Circuíto de Le Mans (Le Mans) |
País | Francia |
Data | 1955 |
Un total de 87 coches de carreiras rexistráronse para este evento, dos cales só 70 chegaron á práctica, tratando de cualificar para as 60 prazas da carreira. A batalla dos anos anteriores entre as marcas de Coventry e Maranello uniuse á marca de Stuttgart, Daimler-Benz, recentemente chegada do seu triunfo na Mille Miglia co seu novo Mercedes-Benz 300SLR. A esperanza de Ferrari estaba nas mans de Umberto Maglioli e Phil Hill, Eugenio Castellotti e Paolo Marzotto e Maurice Trintignant e Harry Schell que pilotaban o novo 121 LM. Jaguar chegou con tres Jaguar D-Type de fábrica. Do mesmo xeito que os coches que correron en 1954, estaban en mans de Mike Hawthorn e Ivor Bueb, os gañadores das 1953, Tony Rolt e Duncan Hamilton e Don Beauman e Norman Dewis. Eles foron apoiados por un par de D-Types do equipo belga, Francorchamps Ecurie, e do equipo estadounidense, Briggs Cunningham. Cunningham tamén trouxo a Europa, un Cunningham C6-R.[1][2]
Mentres tanto, Daimler-Benz reuniu un equipo de estrelas da carreira, emparellando a Juan Manuel Fangio con Stirling Moss, Karl Kling con André Simon e Pierre Levegh con John Fitch. Simon e Levegh non eran membros regulares do equipo Mercedes, pero o director do equipo Alfred Neubauer pensou que sería popular, ata diplomático, o incluír dous pilotos locais. Lémbrese que a segunda guerra mundial terminara só dez anos antes, e na carreira de 1952, pilotando en solitario, Levegh case gañou a carreira, ata que na hora 23 os problemas mecánicos relegárono, entregando a vitoria a Mercedes.[1][3][4] Os seus coches, eran os W196S aínda que comunmente foron chamados 300SLRs, foron cualificados por moitos expertos como os mellores coches deportivos do mundo. Eran unha adaptación dos sistemas que os levaran a dominar as carreiras de Gran Premio ás carreiras de resistencia. O seu motor de combustible inxectado, Desmodronic de 3 válvulas, 8 cilindros en liña eran os máis avanzados de todo o circuíto. Pero os seus freos de tambor internos, eran dubidosamente adecuados para os seus coches máis pesados nas duras esixencias as que se enfrontaban no Circuíto de Le Mans. Para compensar, engadiuse un freo de aire de accionamento manual na cuberta traseira para o freado a alta velocidade.
As primeiras horas da carreira cumpriron as expectativas dun enfrontamento entre as tres mellores marcas. O Ferrari de Castellotti liderou desde a primeira volta, seguido de Hawthorn no Jaguar. Fangio saíu mal por un accidente entre a súa perna do pantalón e a panca de cambio de marcha, pero abriuse camiño para unirse a Hawthorn e Castellotti. Os tres estaban batendo marcas. A medida que a carreira avanzaba, Castellotti cedeu e foi superado por Hawthorn e Fangio. Era un sinal temperán dos problemas mecánicos que obrigarían a todos os 121 LM a retirarse nas primeiras doce horas. O que seguiu foi un dos duelos clásicos da historia das carreiras de autos, con múltiples cambios de líder entre Hawthorn e Fangio e un ritmo marca.
Ás dúas horas de carreira, produciuse un terrible accidente na volta 35. Hawthorn pasou a Lance Macklin e o seu Austin-Healey 100S entrando na recta antes dos boxes. Ao ver que o equipo Jaguar lle sinalizaba que entrara para facer unha parada en boxes, Hawthorn meteuse na traxectoria de Macklin e freou con forza para entrar nos boxes.[5][6][7][8] No intento de evitar a Hawthorn, o coche de Macklin mantívose brevemente no lado dereito da pista detrás de Hawthorn, levantando po coas súas rodas dereitas, a continuación, desviouse a través do centro da pista. Macklin estaba aparentemente fóra de control cando empezou a desviarse, pero recuperou a dirección logo de cruzar a liña central. Pero para entón Macklin estaba no camiño do Mercedes-Benz 300 SLR de Levegh e a roda dianteira dereita do coche de Levegh montou por encima da parte posterior esquerda de Macklin, o que provocou que o 300 SLR saíse polo aire. As fotos e imaxes fixas de vídeo ilustran a delgada marxe, a anchura do gardabarros, entre un case accidente e o completo desastre.
O coche de Levegh saltou sobre un terraplén de terra entre a área dos espectadores e a pista, envorcou e rebotou no extremo das bancadas dos espectadores, entón golpeou a estrutura dunha escaleira de formigón. Ese impacto desintegrou a parte dianteira e lanzou o coche en alto, dando voltas e lanzando restos sobre a multitude. A carrozaría dianteira caeu directamente sobre a multitude. A suspensión dianteira, motor, e outros restos voaron pola zona dos espectadores deixando franxas de destrución fronte ás tribunas. O resto do coche aterrou no terraplén de terra e estalou en chamas. Os espectadores que subiran en escaleiras e andamiaxes para obter unha mellor visión da pista atopáronse no camiño directo dos letais restos. Levegh saíu lanzado do coche facendo un grande arco caendo, e o seu cranio resultou esmagado nalgún momento. Cando os bombeiros intentaron apagar as chamas con auga, o lume aínda ardía máis debido á reacción química resultante coa carcasa de aliaxe de magnesio. oficialmente dáse a cifra de 84 espectadores mortos, ademais de Levegh.[3][4][9][10] O coche de Macklin rebotou no muro de boxes e quedou no terraplén de terra. Resultou ileso, pero o seu auto golpeou a tres espectadores, matando a un. Fangio esquivouno pasando entre Macklin e o coche de Hawthorn e continuou.
Dez minutos máis tarde, os MG EX182 de Dick Jacobs estrelouse preto de Maison Blanche, envorcou no terreo pantanoso e comezou a arder. Jacobs sobreviviu ao accidente, pero resultou gravemente ferido.
Cos cambios de piloto de Hawthorn a Bueb e Fangio a Moss, o talentoso equipo Jaguar foi superado e o equipo de Mercedes foi capaz de ampliar a vantaxe que adquirira como consecuencia do accidente. Ao achegarse a media noite, o Mercedes de Fangio/Moss lideraba sobre o Jaguar de Hawthorn/Bueb por case dúas voltas. A carreira mantívose competitiva, pero, o liderado quedaba rebaixado a volta e media antes das 2:00 pm[11] O Mercedes de Kling/Simon seguía ao coche de Hawthorn/Bueb a dúas voltas. «Os informes sobre os puntos de freada de Mercedes levaron ao equipo Jaguar a crer que os seus freos se estaban debilitando.[12]
Xusto logo das 2:00 am, o director do equipo Mercedes Alfred Neubauer entrou á pista e chamou aos seus coches a boxes. A megafonía fixo un breve anuncio sobre a súa retirada. O enxeñeiro xefe Rudolf Uhlenhaut foi logo aos pits Jaguar para preguntar si o equipo Jaguar respondería da mesma maneira, por respecto ás vítimas do accidente. O director do equipo Jaguar "Lofty" England negouse.[12]
Co equipo de Mercedes retirado, o liderado pasou comodamente a Hawthorn e Bueb. Amenceu baixo un ceo nubrado e as 6:00 am empezou a chover. mantívose a pelexa polo segundo lugar ata o final da mañá, o Maserati de Valenzano/Musso, cinco voltas atrás do líder, era perseguido polo Aston Martin de Frere/Collins ata que o Maserati retirouse. Bueb, no seu primeiro evento coa marca de Coventry, entregou o Jaguar gañador a Hawthorn na última hora para as voltas finais.
Hawthorn e Bueb cubriron unha distancia de 4.135´38 km, máis de 306 voltas, cunha velocidade media de 172´308 km/h. Peter Collins e Paul Frère, en segundo lugar no seu Aston Martin DB3S quedaron a cinco voltas. O podio foi completado pola parella belga, Johnny Claes e Jacques Swaters, no seu Jaguar D-Type amarelo preparado por Ecurie Francorchamps, 11 voltas (máis de 148 km.) por detrás dos gañadores. O notable trío de Porsche 550 Spyder 1´5 litros foron cuarto, quinto e sexto, por diante dos Bristols de dous litros, con Helmut Polensky e Richard von Frankenberg gañando a clase Sports 1500. Os tres coches do equipo Bristol Aeroplane Company terminaron sétimo, oitavo e noveno formación, oitavo e noveno na parte superior da clase de dous litros.[2]<[13]
O espectacular accidente, que chegou a ser coñecido como a Traxedia de Le Mans de 1955, é a maior traxedia na historia dos deportes de motor, morreron 84 espectadores e máis de 120 resultaron feridos. Cancelouse a seguinte rolda do Campionato Mundial de coches deportivos no circuíto de Nürburgring, así como a lendaria Carreira Panamericana. O accidente causou conmoción xeneralizada e prohibicións temporais das carreiras de automóbiles en varios países. A prohibición en Suíza non se levantou. a American Automobile Association deixou de patrocinar competicións deportivas de motor, xa que decidiu que as carreiras de autos distraia os seus obxectivos principais e formouse o United States Automobile Club para facerse cargo da organización de carreiras.[3][4] Os equipos de carreiras de MG, Bristol, (logo de gañar o Grand Prix de 1955 e o Campionato de coches deportivos) e Mercedes-Benz, disolvéronse. O horror do accidente causou que algúns pilotos presentes, entre eles Phil Walters, Sherwood Johnston e John Fitch (logo de terminar a tempada con Mercedes-Benz), retiráranse da competición. Fitch foi sacado do seu retiro polo seu amigo Briggs Cunningham para axudar no proxecto de Chevrolet Corvette en Le Mans de 1960 e máis tarde traballou para desenvolver dispositivos de seguridade de tráfico, incluíndo os "barris Fitch" cheos de auga. Menos de tres meses despois, Lance Macklin decidiu retirarse logo de verse involucrado nun accidente mortal dobre durante a carreira Tourist Trophy en Dundrod.
Moitos recriminaron directamente a Hawthorn en base a rumores de que cortara de súpeto diante de Macklin e freara preto da entrada a boxes, obrigando a Macklin a facer unha acción evasiva no camiño de Levegh, que se converteu no pronunciamento semi oficial do equipo Mercedes e a historia de Macklin.[12] O equipo Jaguar á súa vez cuestionaron a idoneidade e competencia de Macklin e Levegh. Os primeiros informes dos medios foron moi impreciso, como o demostra a posterior análise da evidencia fotográfica realizada polo editor de Road & Track (e segundo clasificado en 1955) Paul Frere, en 1975.[12] Detalles adicionais xurdiron cando os fotogramas revisados por Frere convertéronse en formato de vídeo. O Automobile Club l'Ouest (ACO) levou a cabo unha investigación e chegou á conclusión de que a causa principal do accidente foron as condicións inseguras preto da entrada á recta de boxes. Tony Rolt e outros pilotos protestaban pola seguridade da recta de boxes desde 1953.
Antes do evento de 1956, o ACO ampliou a recta de boxes, aumentando a separación entre a estrada e os espectadores, e revisou outros tramos perigosos da pista. A tecnoloxía e as prácticas de seguridade de pista evolucionaron lentamente ata que o piloto de Fórmula 1 Jackie Stewart organizou unha campaña para avogar por unha maior seguridade 10 anos máis tarde. A campaña de Stewart gañou impulso logo da morte de Lorenzo Bandini e Jim Clark.
Os gañadores de clase atópanse co texto en negra
Pos. | Clase | Nº | Equipo | Pilotos | Chasis | Motor | Voltas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | S 5.0 |
6 | Jaguar Cars Ltd. | Mike Hawthorn Ivor Bueb |
Jaguar D-Type | Jaguar 3.4L L6 | 307 |
2 | S 3.0 |
23 | Aston Martin Ltd. | Peter Collins Paul Frère |
Aston Martin DB3S | Aston Martin 2.9L L6 | 302 |
3 | S 5.0 |
10 | Ecurie Francorchamps | Johnny Claes Jacques Swaters |
Jaguar D-Type | Jaguar 3.4L L6 | 296 |
4 | S 1.5 |
37 | Porsche KG | Helmut Polensky Richard von Frankenberg |
Porsche 550 Spyder | Porsche 1.5L Flat-4 | 284 |
5 | S 1.5 |
66 | Ecurie Belge / Gustave Olivier |
Wolfgang Seidel Olivier Gendebien |
Porsche 550 Spyder | Porsche 1.5L Flat-4 | 276 |
6 | S 1.5 |
62 | Porsche KG | Helmut Glöckler Jaroslav Juhan |
Porsche 550 Spyder | Porsche 1.5L Flat-4 | 273 |
7 | S 2.0 |
34 | Bristol Aeroplane Co. | Peter Wilson Jim Mayers |
Bristol 450C | Bristol 2.0L L6 | 271 |
8 | S 2.0 |
33 | Bristol Aeroplane Co. | Mike Keen Tommy Line |
Bristol 450C | Bristol 2.0L L6 | 270 |
9 | S 2.0 |
32 | Bristol Aeroplane Co. | Tommy Wisdom Jack Fairman |
Bristol 450C | Bristol 2.0L L6 | 268 |
10 | S 2.0 |
35 | Automobiles Frazer Nash Ltd. | Marcel Becquart Dickie Stoop |
Frazer Nash Sebring | Bristol 2.0L L6 | 260 |
11 | S 1.5 |
40 | Edgar Fronteras | Giulio Cabianca Giuseppe Scorbati |
Osca MT4 1500 | Osca 1.5L L4 | 256 |
12 | S 1.5 |
41 | MG Cars Ltd. | Ken Miles John Lockett |
MG EX182 | MG 1.5L L4 | 249 |
13 | S 1.1 |
49 | Porsche KG | Auguste Veuillet Zora Arkus Duntov |
Porsche 550 Spyder | Porsche 1.1L L4 | 245 |
14 | S 2.0 |
28 | Standard Triumph Ltd. | Bob Dickson Ninian Sanderson |
Triumph TR2 | Triumph 2.0L L4 | 242 |
15 | S 2.0 |
29 | Standard Triumph Ltd. | Ken Richardson Bert Hadley |
Triumph TR2 | Triumph 2.0L L4 | 242 |
16 | S 750 |
63 | Ecurie Jeudy-Bonnet | Louis Cornet Robert Mougin |
D.B. HBR | Panhard 0.7L Flat-2 | 236 |
17 | S 1.5 |
64 | MG Cars Ltd. | Ted Lund Hans Waeffler |
MG EX182 | MG 1.5L L4 | 234 |
18 | S 1.5 |
65 | Gonzague Olivier | Gonzague Olivier Josef Jeser |
Porsche 550 Spyder | Porsche 1.5L Flat-4 | 234 |
19 | S 2.0 |
68 | Standard Triumph Ltd. | Leslie Brooke Mortimer Morris-Goodall |
Triumph TR2 | Triumph 2.0L L4 | 214 |
20 | S 750 |
59 | Ecurie Jeudy-Bonnet | Louis Héry Georges Trouis |
DB Barquette | Panhard 0.7L Flat-2 | 209 |
21 | S 1.1 |
47 | Cooper Car Co. | John Brown Edgar Wadsworth |
Cooper T39 | Coventry Climax 1.1L L4 | 207 |
Pos | Clase | Nº | Equipo | Pilotos | Chasis | Motor | Voltas/Motivo |
---|---|---|---|---|---|---|---|
22 | S 3.0 |
16 | Officine Alfieri Maserati | Luigi Musso Gino Valenzano |
Maserati 300S | Maserati 3.0L L6 | 239 Caixa de cambios |
23 | S 3.0 |
22 | Briggs Cunningham | Briggs Cunningham Sherwood Johnston |
Cunningham C6-R | Offenhauser 2.9L L4 | 196 Pistón |
24 | S 5.0 |
7 | Jaguar Cars Ltd. | Tony Rolt Duncan Hamilton |
Jaguar D-Type | Jaguar 3.4L L6 | 186 Caixa de cambios |
25 | S 2.0 |
30 | Automobiles Gordini | Hermano da Silva Ramos Jacques Pollet |
Gordini T15S | Gordini 2.0L L8 | 145 radiator furado |
26 | S 750 |
52 | Société Monopole | Jean Hémard Pierre Flahault |
Monopole X86 | Panhard 0.7L Flat-2 | 145 Accidente |
27 | S 750 |
60 | Automobili Stanguellini | René Philippe Faure Pierre Duval |
Stanguellini S750 Bialbero | Stanguellini 0.7L L4 | 136 Ignition |
28 | S 3.0 |
19 | Daimler-Benz AG | Juan Manuel Fangio Stirling Moss |
Mercedes-Benz 300 SLR | Mercedes-Benz 3.0L L8 | 134 Retirado |
29 | S 3.0 |
21 | Daimler-Benz AG | Karl Kling André Simon |
Mercedes-Benz 300 SLR | Mercedes-Benz 3.0L L8 | 130 Retirado |
30 | S 1.1 |
51 | Automobiles Panhard et Levassor | René Cotton André Beaulieux |
Panhard VM5 | Panhard 0.9L Flat-2 | 108 Caixa de cambios |
31 | S 5.0 |
5 | Scuderia Ferrari | Maurice Trintignant Harry Schell |
Ferrari 121LM | Ferrari 4.4L L6 | 107 Embrague |
32 | S 5.0 |
8 | Jaguar Cars Ltd. | Don Beauman Norman Dewis |
Jaguar D-Type | Jaguar 3.4L L6 | 106 Accidente |
33 | S 3.0 |
24 | Aston Martin Ltd. | Roy Salvadori Peter Walker |
Aston Martin DB3S | Aston Martin 2.9L L6 | 105 Motor |
34 | S 3.0 |
12 | "Heldé" | "Heldé" Jean Lucas |
Ferrari 750 Monza | Ferrari 3.0L L4 | 104 Distribuidor |
35 | S 750 |
58 | Ecurie Jeudy-Bonnet | Paul Armagnac Gérard Laureau |
D.B. HBR | Panhard 0.7L Flat-2 | 100 Roda |
36 | S 1.1 |
48 | Lotus Engineering | Colin Chapman Ron Flockhart |
Lotus Mark IX | Coventry Climax 1.1L L4 | 99 DSC — reversed |
37 | S 2.0 |
31 | Officine Alfieri Maserati | Carlo Tomasi Francesco Giardini |
Maserati 200S | Maserati 2.0L L4 | 96 Distribuidro |
38 | S 1.1 |
50 | Automobiles Panhard et Levassor | Pierre Chancel Robert Chancel |
Panhard VM5 | Panhard 0.9L Flat-2 | 94 sistema combustible |
39 | S 5.0 |
1 | Aston Martin Lagonda Ltd. | Reg Parnell Dennis Poore |
Lagonda DP166 | Lagonda 4.5L V12 | 93 Sen combustible |
40 | S 3.0 |
25 | Aston Martin Ltd. | Tony Brooks John Riseley-Pritchard |
Aston Martin DB3S | Aston Martin 2.9L L6 | 83 Batería |
41 | S 3.0 |
27 | Jean-Paul Colas | Jean-Paul Colas Jacques Dewez |
Salmson 2300S Cabriolet | Salmson 2.3L L4 | 82 Fuga aceite |
42 | S 5.0 |
3 | Scuderia Ferrari | Umberto Maglioli Phil Hill |
Ferrari 121LM | Ferrari 4.4L L6 | 76 Embrague |
43 | S 1.5 |
38 | Walter Ringgenberg | Walter Ringgenberg Hans-Jörg Gilomen |
Porsche 550 Spyder | Porsche 1.5L Flat-4 | 65 Motor |
44 | S 1.5 |
43 | Connaught Engineering | Kenneth McAlpine Eric Thompson |
Connaught ALSR | Lea-Francis 1.5L L4 | 60 Motor |
45 | S 5.0 |
4 | Scuderia Ferrari | Eugenio Castellotti Paolo Marzotto |
Ferrari 121LM | Ferrari 4.4L L6 | 52 Motor |
46 | S 2.0 |
69 | Alexandre Constantin | Jacques Savoye Jacques Poch |
Constantin C Barquette | Peugeot 2.0L L4 | 52 Caixa de cambios |
47 | S 1.1 |
46 | Kieft Cars Ltd. | Alan Rippon Ray Merrick |
Kieft 1100 | Coventry Climax 1.1L L4 | 47 Fuga aceite |
48 | S 750 |
57 | Ecurie Jeudy-Bonnet | René Bonnet Claude Storez |
D.B. HBR | Panhard 0.7L Flat-2 | 44 Distribuidor |
49 | S 5.0 |
9 | Briggs Cunningham | Phil Walters William Spear |
Jaguar D-Type | Jaguar 3.4L L6 | 43 Válvula |
50 | S 5.0 |
11 | Cooper Car Co | Peter Whitehead Graham Whitehead |
Cooper T38 | Jaguar 3.4L L6 | 38 Presión aceite |
51 | S 2.0 |
36 | Automobiles Frazer Nash Ltd. | Dick Odlum Cecil Vard |
Frazer Nash Sebring | Bristol 2.0L L6 | 34 Motor |
52 | S 3.0 |
20 | Daimler-Benz AG | Pierre Levegh John Fitch |
Mercedes-Benz 300 SLR | Mercedes-Benz 3.0L L8 | 32 Accidente mortal |
53 | S 750 |
53 | Société Monopole | Francis Navarro Jean de Montrémy |
Monopole Sport X88 | Panhard 0.7L Flat-2 | 31 Fuga aceite |
54 | S 3.0 |
26 | Lance Macklin | Lance Macklin Les Leston |
Austin-Healey 100 S | BMC A90 2.7L L4 | 28 Danos por accidente |
55 | S 1.5 |
42 | MG Cars Ltd. | Dick Jacobs Joe Flynn |
MG EX182 | MG 1.4 | 26 Accidente |
56 | S 750 |
56 | Automobiles VP | Yves Giraud-Cabantous Yves Lesur |
VP 166R | Renault 0.7L L4 | 25 Motor |
57 | S 3.0 |
15 | Officine Alfieri Maserati | Roberto Mières Cesare Perdisa |
Maserati 300S | Maserati 3.0L L6 | 23 Caixa de cambios |
58 | S 3.0 |
14 | Mike Sparken | Mike Sparken Masten Gregory |
Ferrari 750 Monza | Ferrari 3.0L L4 | 22 Motor |
59 | S 750 |
61 | Nardi Automobili SpA | Dr. Mario Damonte Roger Crovetto |
Nardi Bisiluro | Giannini 0.7L L4 | 6 Accidente |
60 | S 1.5 |
39 | Kieft Cars Ltd. | Berwyn Baxter John Deeley |
Kieft | Turner 1.5L L4 | 4 Temperatura |
Pos. | Clase | Nº | Equipo | Pilotos | Chasis | Motor | Motivo |
---|---|---|---|---|---|---|---|
NTS | S 5.0 |
2 | Ecurie Rosier | Louis Rosier Georges Grignard |
Talbot Lago Sport | Talbot 4.5L L6 | |
NTS | S 3.0 |
17 | Automobiles Gordini | Robert Manzon Élie Bayol |
Gordini T24S | Gordini 3.0L L8 | Accidente na práctica |
NTS | S 1.1 |
45 | Arnott Racing Cars | Jim Russell Peter Taylor |
Arnott Sports | Coventry Climax 1.1L L4 | Accidente |
NTS | S 750 |
54 | Moretti | Modelo:VNZ Lino Fayen Herman Rogenry |
Moretti 750S | Moretti 0.7L L4 | Chegaron tarde a grella |
NTS | S 750 |
55 | Moretti | Giorgio Ubezzi Mesnest Bellanger |
Moretti 750S | Moretti 0.7L L4 | Chegaron tarde a grella |
NTS | S 750 |
70 | Société Pierre Transbordador | Jacques Blaché Louis Pons |
Transbordador F750 | Renault 0.7L L4 | Reserva |
NTS | S 750 |
72 | Automobiles VP | Jean-Marie Dumazer André Héchard Jérôme Pourond |
V.P. 155R | Renault 0.7L L4 | Reserva |
NTS | S 750 |
75 | Louis Rosier | Jean- Louis Rosier Jean Estager |
Renault 4CV/1063 | Renault 0.7L L4 | Reserva |
Clase | Gañadores | ||
---|---|---|---|
Sports 5000 | 6 | Jaguar D-Type | Hawthorn / Bueb |
Sports 3000 | 23 | Aston Martin DB3S | Collins / Frère |
Sports 2000 | 34 | Bristol 450C | Wilson / Mayers |
Sports 1500 | 37 | Porsche 550 Spyder | Polensky / von Frankenberg |
Sports 1100 | 49 | Porsche 550 Spyder | Veuillet / Arkus Duntov |
Sports 750 | 63 | D.B. HBR | Cornet / Mougin |
Biennial Cup | 37 | Porsche 550 Spyder | Polensky / von Frankenberg |
Index of Performance | 37 | Porsche 550 Spyder | Polensky / von Frankenberg |
Pos. | Equipo | Puntos |
---|---|---|
1 | Ferrari | 18 |
2 | Jaguar | 14 |
3 | Maserati | 11 |
4 | Mercedes-Benz | 8 |
5= | Aston Martin | 6 |
5= | Porsche | 6 |
Os puntos do campionato eran outorgados aos seis primeiros postos en cada carreira na orde de 8-6-4-3-2-1. Os fabricantes só levaban puntos polo seu mellor clasificado e non recibían puntos polo resto dos coches. Só computaban os 4 mellores resultados das 6 carreiras por cada fabricante. Os puntos gañados pero que non contan para os totais do campionato enuméranse entre paréntesis na táboa anterior.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.