Especie de árbore From Wikipedia, the free encyclopedia
A árbore da seda[1] (Albizia julibrissin) é unha árbore común como ornamental nos xardíns urbanos de Galicia[2]. Ás veces chámaselle acacia, malia non ser unha verdadeira Acacia, senón unha especie dun xénero achegado (Albizia) pertencente á mesma subfamilia Mimosoideae, dentro da familia Fabaceae.
Árbore da seda | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Albizia julibrissin | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Árbore de folla caediza que pode acadar os 15 m de altura, con copa ancha e aberta e de franzas, raque e inflorescencias tomentosas. A casca é de cor cinsenta escura e se torna a cor verdosa con raias verticais a medida que envellece. As follas, de estípulas caedizas máis pequenas que os folíolos, son bipinnadas, de 20–45 cm de longo e 12–25 cm de largo, dividida en 6-12 pares de pinnas, cada un con 20-30 pares de folíolos oblongos, de 1-1,5 cm de longo e 2–4 mm largo, co nervio principal moi desprazado cara a arriba (case confundido co bordo) e os seus peciolulos implantados na superficie superior do raque secundario, para facilitar o feche de ditos folíolos en ausencia de luz. Inflorescencias de cabezas globosas dispostas en panículas terminais de flores, inseridas nun receptáculo subesférico, con cáliz tubular pubescente duns 3 mm discretamente penta-lobulado, e con corola tamén pubescente sub-centimétrica con 5 lóbulos deltoides de 1,5 mm. Unha ou máis flores do centro do capítulo floral -xeralmente só unha- teñen o cáliz e o tubo estaminal bastante máis grandes, e sobresaen claramente da inflorescencia; ademais a súa antese é máis precoz que a das restantes. Os filamentos dos estames, que son exertos e soldados na súa base, son de cor rosa-violáceo na súa parte apical, de 2–3 cm e con anteras diminutas. O froito é un legume glabro e comprimido, sen tabiques, de 10-15 por 1–3 cm, verdes ao principio e de cor parda e con textura membranácea ao madureceren, con dehiscencia elástica -o que fai que as súas sementes sexan expulsadas a certa distancia da árbore[3]-, con sementes algo aplanadas de cor marrón escura na madurez, de forma ovoide, dispostas de forma transversal perpendicular ao eixo de alongamento do legume, con funículo filiforme nacendo da sutura externa do froito, algo torto no seu extremo distal, extremadamente feble, de implantación algo desprazada lateralmente respecto do ápice da semente e con clara liña fisural. Ditas sementes poden acadar un número de 35-40 en cada legume, aínda que usualmente non pasan de 10-15.[3][4]
É orixinaria do sueste e leste de Asia, dende o leste do Irán até China e Corea. Introduciuse en Europa a mediados do século XVIII.
Na natureza, a árbore tende a medrar en chairas secas, nos vales de area, e as terras altas. Converteuse nunha especie invasora no Xapón e nos Estados Unidos, neste último moi estendido desde o sur de Nova York, Nova Jersey, e ao oeste de Connecticut a Missouri e Illinois e ao sur da Florida e Texas, tamén se cultiva en California e Oregón, mais aló non resultan invasivas. Tamén medra en Europa. En Galicia aparece nalgúns xardíns urbanos e coma árbore de rúa.
A casca úsase para sandar feridas e como antihelmíntica. As sementes úsanse como alimento para o gado e a fauna silvestre, e as flores, docemente perfumadas, son unha fonte de néctar para as abellas.
Os extractos en doses altas de A. julibrissin posúen efectos antidepresivos en ratos, moi probabelmente mediados por 5-HT1A receptores.[5] Na medicina tradicional chinesa Albizzia jublibrissin (合欢花He Huan Hua) utilízase para alimentar o corazón e calmar o espírito.[6][7]
Albizia julibrissin foi descrita por Antonio Durazzini e publicado en Magazzino toscano 3(4): 11, 1772.[8]
Hai dúas variedades aceptadas, os outros taxons infraespecíficos descritos son meras sinonimias da especie, ou ben doutras especies de Albizia:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Árbore da seda |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Árbore da seda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.