From Wikipedia, the free encyclopedia
O zuriqués (züritüütsch) é o dialecto alto alemánico que se fala en Zürich.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Zuriqués 'Züritüütsch' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | AFI: tsyɾityːtʃ | |
Falado en: | Suíza, na cidade e no cantón de Zürich (pero non en todo, no norte do cantón xunto á fronteira alemá hai territorios doutra fala) e tamén se fala no distrito de Höfe que pertence ao cantón Schwyz. | |
Total de falantes: | 1 millón aprox. | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Alemán Alemán superior Alemánico Alto alemánico Zuriqués | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | gsw | |
Mapa | ||
Status | ||
O zuriqués é, conforme ao número dos seus habitantes, a variante do alemánico máis falada de toda Suíza. A dispersión no alemánico non se pode identificar con plena exactitude, os límites son aglutinantes. O cantón de Zürich é a zona de dispersión principal do zuriqués, hai excepcións no norte na zona Weinland e Rafzerfeld, no leste unha zona estreita fronteiriza xunto Frauenfeld que abrangue os municipios de Ellikon e Hagenbuch, e tamén no sur o distrito de Höfe que pertence ao cantón Schwyz.
O zuriqués mostra todas as típicas características do alemánico, o ch e a k pronúncianse forzando moito a gorxa, tal e como consegue o iota castelán, a pronúnciase de tal maneira que soa moi baixa, pero a contrario das outras falas do norte de Suíza, a pronunciación de a tan baixa non acaba conxuntándose coa o, tanto é así que chegan a chamarlle kako ao cacao.
O zuriqués tivo procesos de intercambio nos que perdeu formas propias e engadíronselle outras, máis durante os últimos dous séculos. A fala da cidade foi a que máis cambios sufriu debido ao tránsito máis elevado que no ámbito rural (por exemplo miña muller miini Frau era antes mi Frau). Xeograficamente pódese diferenciar entre dialectos zuriqueses nos seguintes territorios: Cidade, Lago de Zürich, Winterthur, Oberland, Unterland e Amt.
Winterthur
Existe unha versión da Wikipedia en Zuriqués |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.