Zona especial de conservación do Río Anllóns
espazo natural galego e zona especial de conservación From Wikipedia, the free encyclopedia
espazo natural galego e zona especial de conservación From Wikipedia, the free encyclopedia
O espazo natural do Río Anllóns é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que ampara as ribeiras do río Anllóns nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Carballo. O espazo natural vai dende o seu alto cos regos de Calvelo, da Balsa ou río Rosende en Carballo e Coristanco ata o seu tramo final, xa chegando á ría de Corme e Laxe. Esta ZEC únese á ZEC da Costa da Morte.[1][2][3][4][5]
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cabana de Bergantiños, España, Ponteceso, España, Coristanco, España e Carballo, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 162,74342 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349688 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
O espazo natural do río Anllóns conta con encostas ou rochedos silíceos nas súas marxes, coa súa vexetación pioneira e propia deses rochedos. Ten chairas de ribeiras lamacentas con vexetación acuática. Nas súas zonas de subestepa dominan as gramíneas anuais. Algúns prados están sobre de substratos calcáreos ou de turbeira, con arxila ou lima.[4] As zonas húmidas en penumbra e con solo nitroxenado e os prados pobres de sega son outros hábitats presente no espazo. Os bosques de ribeira son principalmente de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Tamén de carballeiras, como das especies Quercus robur e Quercus pyrenaica. Conta con zonas de queirogais.[4]
As especies da flora catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
As especies de invertebrados catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
As especies de peixes catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Especie |
---|
Chondrostoma duriense |
Petromyzon marinus |
As especies de anfibios catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
As especies de réptiles catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
As especies de aves catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
As especies de mamíferos catalogados como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son:[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.