From Wikipedia, the free encyclopedia
O sapo parteiro común ou sapo parteiro[1] (Alytes obstetricans), tamén coñecido como sapo comadrón ou sapiño comadrón, é unha clase de anfibio pertencente á orde dos anuros da familia Alytidae. É propia de Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo, os Países Baixos, Portugal, España, Suíza e o Reino Unido. Está ameazada pola perda de hábitat, aínda que a diversidade xenética das poboacións existentes reduce as súas posibilidades de extinción.[2]
Sapo parteiro común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Alytes obstetricans' (Laurenti, 1768) | |||||||||||||||
Distribución de Alytes_obstetricans, baseado en Nöllert/Nöllert: "Die Amphibien Europas" | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Alytes obstetricans boscai |
É de pequeno porte, 5 cm; aspecto voluminoso, cabeza grande e fronte arredondada, ollos prominentes (pupila vertical, iris dourado e vetas negras). Tímpano visible e máis diminuto ca o ollo. A pel é granulosa con verrugas pequenas, agrupadas nos costados en dúas fileiras dorsolaterais. Presenta membros curtos e fortes, os anteriores con tres tubérculos metacarpianos, e os posteriores con membrana interdixital reducida e un tubérculo metatarsiano pequeno. A súa coloración dorsal vai de gris a parda, con manchiñas verdes, avermelladas e negras pouco marcadas; a zona ventral é clara.
O seu hábitat natural son os bosques temperados, subtropicais ou tropicais secos, matogueiras temperadas, ríos, lagos e pantanos de auga doce, desertos temperados, terra arable, pastos e mesmo a área urbana.
Aliméntase de escaravellos, moscas, trazas, arañas, miñocas, lesmas, milpés, opilións e outros artrópodos consoante as súas dimensións. As larvas consomen vexetais, prea e invertebrados acuáticos.
Este sapo ten unha esperanza de vida moi curta en comparación con outros sapos: pode chegar aos 5 anos, fronte aos 30 anos dos sapos comúns.
O macho comeza a cantar no inicio da primavera desde o seu refuxio ou nas súas inmediacións, atraendo as femias grávidas que emiten chamadas de resposta. O amplexo é complexo, é terráqueo, de tipo inguinal. Tras estimular o macho á femia, esta solta unha restra de ovos que, fecundados, son enrolados polo macho entre as súas patas traseiras, onde permanecen un mes. Despois o proxenitor solta a posta na auga, onde as larvas romperán a cuberta do ovo para nadar libremente.
É depredado por cobras de auga viperinas, algúns mamíferos, curuxas e aves zancudas. E as súas larvas por cobras viperinas, aves, odonatos, ditíscidos, tritóns, larvas de salamántiga.
A súa actividade é moi variable en función da zona xeográfica. Non é territorial e é común que varios individuos compartan o refuxio baixo grandes pedras ou gretas. Os machos compiten acusticamente entre eles e mostran complexas interaccións acústicas. As femias grávidas poden atacarse entre si por acceder a un macho. Raramente en actividade no día, é un animal basicamente crepuscular e nocturno. Os metamórficos novos atópanse nas inmediacións da auga. Polo contrario, os adultos afástanse bastante da auga e só os machos volven a esta para depositar a posta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.