especie de ave From Wikipedia, the free encyclopedia
A rula[3] (Streptopelia turtur) ou rula común, para diferenciala de especies próximas como a rula turca (Streptopelia decaocto), é unha ave migratoria da familia Columbidae. Tamén é aceptada a variedade dialectal rola.[4]
Rula | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Streptopelia turtur' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Turtur communis[2] |
Son máis pequenas e delgadas que as pombas: miden entre 26 e 29 cm e pesan uns 300 gramos. Teñen un debuxo branco e negro nos lados do pescozo. A parte inferior do corpo é branca e o papo avermellado. A cola é escura cunha faixa terminal branca e as beiras tamén brancas. As aves adultas teñen a cabeza, o pescozo, os lados e o torso gris azulados e as ás de cor cinamomo manchadas de negro. O peito é de cor aviñado e o abdome e as plumas inferiores da cola son brancas. O bico é negro e as patas e os aneis oculares vermellos. As listas brancas e negras do pescozo non están presentes nas aves inmaturas, que son máis pardas e mates e teñen as patas castañas.
O seu berro, do que lle ven o nome vulgar, é unha sorte de rrur, rrur ou "turr turr".
Son aves dos bosques abertos máis que de mestos, que ocasionalmente poden facer os seus niños tamén en grandes xardíns, pero son en xeral aves moi tímidas. Crían no Paleártico occidental, a onde chegan a finais de abril, permanecendo ata setembro. En Europa faltan completamente só en Islandia, Irlanda e Escandinavia. Pasan o inverno en África, ó sur do Sáhara.
A especie está a sufrir unha forte redución das súas poboacións en Europa, causada polos cambios nos métodos agrícolas que provocan a escaseza das sementes das que se alimenta, pola presión cinexética (sobre todo cando cruzan o Mediterráneo durante as migracións), a destrución das sebes e o emprego de pesticidas.
Comen principalmente sementes, buscándoas a miúdo no chan, moitas veces en campos cultivados ou noutras superficies planas.
A súa época reprodutora vai de maio a agosto. En chegando ós territorios de cría déixase oír o seu rular profundo e vibrante. O voo nupcial, alto e en círculos é acompañado polo son das ás batendo. O niño, feito con coteliños e follas e máis axiña chafalleiro, constrúeno nas árbores ou en sebes mestas a non moita altura. Poñen dous ovos brancos a finais de maio ou primeiros de xuño e a miúdo fan unha segunda posta en xullo ou agosto. Chocan uns 17 ou 18 días.
Canta rula na gaiola; —Popular[5] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.