Zhuang Zi
filósofo da antiga China / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zhuangzi (chinés tradicional: 莊子; chinés simplificado: 庄子; pinyin: Zhuāngzǐ; Wade-Giles: Chuang1 Tzu3) foi un famoso filósofo da antiga China que viviu no século IV a. C.. O seu nome de nacemento era Zhuang Zhou (莊周, Zhuāng Zhōu). Naceu na cidade de Meng, no reino de Song (hoxe Shāngqiū 商邱, Henan). Considérase un dos pensadores taoístas máis importantes, xunto con Laozi.[1]
Nome orixinal | (zh-hant) 莊子 (zh-hans) 庄子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (zh-hant) 莊周 c. 369 a. C. Shangqiu (pt) |
Morte | c. 288 a. C. (80/81 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estado de Song |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , escritor , poeta |
Influencias | |
Lingua | Lingua chinesa antiga e lingua chinesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Zhuangzi viviu durante a época clásica do pensamento chinés, o período dos Reinos Combatentes, no que floreceron as chamadas Cen Escolas. Foi contemporáneo de figuras como Mencio ou Hui Shi, co que sostivo frutíferas polémicas filosóficas.[2][3] A súa obra tivo unha enorme influencia no desenvolvemento do budismo chan ou zen, varios séculos despois da súa morte.[1] Tamén inspirou a literatos, como o poeta xaponés Matsuo Bashō.[4]