Hui Shi
filósofo chinés da Escola dos Nomes / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hui Shi (chinés simplificado e tradicional: 惠施; pinyin: Huì Shī; Wade-Giles: Hui4 Shih1; 370–310 a.C.)[1], tamén coñecido como Huizi (chinés simplificado e tradicional: 惠子; pinyin: Huìzǐ; Wade-Giles: Hui4 Tzu3; Mestre Hui), foi un filósofo chinés do período dos Reinos Combatentes.[2] Figura representativa da Escola dos Nomes, Hui Shi é famoso polas súas dez teses, de carácter paradoxal, coas que intentou amosar o carácter relativo das distincións humanas.[2][3] Dise que escribiu un código de leis, e chegou a ser primeiro ministro do reino de Wei.[4]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 370 a. C. Estado de Song, Western Zhou |
Morte | 310 a. C. (59/60 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Período dos Reinos Combatentes |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , escritor |
Lingua | Chinés clásico |
Pechar