Zemlya Aleksandry
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Terra de Alexandra (ruso: Земля Александры, Zemlya Aleksandry) é unha grande illa situada na Terra de Francisco Xosé no Óblast de Arkhanguelsk, Federación Rusa. Sen contar a separada e afastada illa Vitoria, é a illa máis occidental do arquipélago de Francisco Xosé.
(ru) Земля Александры | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Terra de Francisco Xosé | ||||
Situado na entidade xeográfica | Terra de Francisco Xosé | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Óblast de Arjánguelsk, Rusia | ||||
Localización | Mar de Barents | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 30 () × 70 () km | ||||
Superficie | 1.095 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1880 | ||||
O punto máis alto da illa, é o cume de 382 m. Kupol Lunny (Купол Лунный) "Cúpula da Lúa", un gran glaciar cobre a maior parte da zona occidental da illa.[1] No extremo occidental da zona glaciar occidental atópase o glaciar Nordenskiöld;[2] outros glaciares na illa son o Glaciar Worcester[3] e o Glaciar Payer. A parte norte da illa é conxelada e o seu extremo leste forma unha península que se estende cara ao sur, a península de Polyarnykh Letchikov.[4] Esta península está cuberta pola Kupol Kropotkina (Купол Кропоткина), unha capa de xeo máis pequena.[5] Hai tres lagos grandes na illa, incluíndo o Lago Utinoye (Lago Parrulo) e o lago Ledyanoye (Lago xeado).
Baía Dezhnev (Zaliv Dezhneva) atópase entre a parte occidental da illa e a península de Polyarnykh Letchikov. O cabo Thomas (Mys Tomasa) é o extremo meridional da península. A canle Cambridge (Proliv Kambritch) é un amplo estreito entre Terra Alexandra e Zemlya Georga.
No extremo sur esta illa ten dous cabos apuntando cara ao suroeste na súa costa máis meridional: Cabo Lofley e Cabo Ludlow. Cabo Mary Harmsworth, o cabo que mira cara ao oeste é o punto máis occidental do arquipélago de Francisco Xosé propiamente dito.
Chamada Terra Alexandra na honra da Gran Duquesa Alexandra Pavlovna de Rusia (1783-1801), que se converteu en Arquiduquesa de Austria durante o seu matrimonio con Arquiduque Xosé de Austria, Palatino de Hungría. Terra Alexandra é tamén o lugar da base militar de Nagurskoye, a base militar máis ao norte de Rusia.
O navegante ruso Valerian Albanov do Svyataya Anna alcanzou o cabo Mary Harmsworth na terra Alexandra en 1914 logo dun calvario no xeo polar. O cabo Mary Harmsworth foi chamado así pola esposa de Alfred Harmsworth. Alfred Harmsworth, compañeiro da Royal Geographical Society (Sociedade Xeográfica Real)], foi o patrocinador principal da Expedición Polar de Frederick George Jackson de 1894 a Terra de Francisco Xosé.
Durante a segunda guerra mundial os alemáns estableceron unha estación meteorolóxica malograda na illa, chamada Schatzgräber ("Cazador de tesouros"). A maioría dos membros enfermaron de triquinose despois de comer carne crúa de oso polar. Os superviventes foron rescatados e o proxecto abandonado.[6][7][8]
Nagurskoye é unha base rusa situada na illa na localización 80°49′N 47°25′L, no sitio da anterior estación meteorolóxica. Foi bautizada polo piloto pioneiro Jan Nagórski e serviu como unha das estacións meteorolóxicas máis importantes no arquipélago durante a guerra fría. Esta base ten unha pista de neve de 1500 m.. Un avión de carga Antonov An-72 estrelouse mentres aterraba en Nagurskoye o 23 de decembro de 1996.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.