Terra de Francisco Xosé
From Wikipedia, the free encyclopedia
Terra de Francisco Xosé (en ruso: Земля Франца-Иосифа, transliteración: Zemlya Frantsa-Iosifa) é un arquipélago ao norte de Rusia. Atópase no océano Ártico ao norte de Nova Cembla (Новая Земля, terra nova en ruso) e ao leste de Spitzbergen, e pertence á provincia (Oblast) de Arkángel (Архангельск). Consiste en 191 illas cubertas de xeo cunha área de 16.134 km² e están deshabitadas.

Земля Франца-Иосифа (ru) | |||||
Epónimo | Arquiduque Francisco Xosé | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Óblasts | Óblast de Arjánguelsk | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 0 (0 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 16.134 km² | ||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Altitude | 620 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
É o grupo máis ó norte de illas asociadas con Eurasia entre as latitudes 80,0º e 81,9º norte. O extremo máis ó norte é o cabo Fligely na Illa Rudolf, e está a só de 900 a 1110 km do Polo Norte. Este sería o punto que estaría máis preto do polo se non fose pola illa canadense de Ellesmere e Groenlandia. O arquipélago foi posibelmente descuberto por primeira vez polos navegantes noruegueses Nils Fredrik Rønnbeck e Aidijärvi a bordo da goleta "Spidsbergen" en 1865 quen, de acordo a uns escasos informes, navegaron cara ó leste dende Svalbard ata que chegaron a unha nova terra que chamaron Nordost-Spitsbergen (Svalbard era o nome naquel tempo de Spitzbergen). Non se sabe se desembarcaron, e as novas illas rapidamente foron esquecidas.

A descuberta oficialmente recoñecida ocorreu no 1873 pola expedición austro-húngara ó Polo Norte liderada polos exploradores polares Payer e Weyprecht, que renomearon o arquipélago en honor ó emperador austro-húngaro Francisco Xosé I. Ó seren a expedición só sufragada por diñeiro privado e non oficial, estas illas nunca foron parte de Austria.
No 1926, as illas foron tomadas pola Unión Soviética, e unhas poucas persoas foron asentadas nelas para a investigación e por motivos militares. O acceso por mar é só posíbel durante unhas poucas semanas do verán e require un permiso especial.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terra de Francisco Xosé ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.