Illa Ellesmere
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Ellesmere (en inglés: Ellesmere Island; en inuit: Umingmak Nuna, que significa "terra de bois almiscleiros[1]) pertence á Rexión Qikiqtaaluk no territorio canadense de Nunavut. Forma parte das illas da Raíña Isabel, con Cabo Columbia que é o punto máis setentrional das illas árticas do Canadá. Comprende unha superficie de 196.235 km² e unha lonxitude total de 830 km.[2] o que a converte na décima maior illa do mundo e a terceira maior illa do Canadá. O sistema montañoso da Cordilleira Ártica cobre gran parte da illa de Ellesmere, converténdoa na máis montañosa do arquipélago ártico canadense. O Salix arctica é a única especie de planta leñosa que crece na illa de Ellesmere.[3]
Epónimo | Francis Egerton, 1º conde de Ellesmere | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Territorio | Nunavut | ||||
Capital | Grise Fiord | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 146 (0 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 196.235 km² | ||||
Medición | 440 () × 820 () km | ||||
Bañado por | Baía de Baffin e Jones Sound (pt) | ||||
Altitude | 2.616 m | ||||
Punto máis alto | Pico Barbeau (2.616 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Nela está a vila máis ao norte do mundo, Alert.
Os primeiros habitantes humanos da illa de Ellesmere foronn pequenas tribos esparcidas pola zona para cazar caribús de Peary, bois almiscleiros e mamíferos mariños ao redor do 2000-1000 a. de C.[4]
Como era o caso dos cazadores Dorset (ou Palaeoesquimós) e os pioneiros neoesquimós, membros das culturas Inuit, Thule tardía, Ruin Island e Post-Ruin Island que tamén se asentaron e utilizaron a Península de Bache tanto no verán como no inverno, ata que as circunstancias ambientais, ecolóxicas e posiblemente sociais fixeron que a zona fose abandonada. Foi a última rexión no Alto Ártico canadense en ser despoboada durante a Pequena Idade de Xeo, o que testemuña a súa importancia económica xeral como parte da esfera cultural do Estreito de Smith, da cal era parte ocasionalmente e outras veces o principal compoñente do asentamento.[5]
Os Viquingos das colonias de Groenlandia alcanzaron a illa de Ellesmere, a illa Skraeling e a illa ruon durante expedicións da caza e negociando cos grupos de Inuit.[5] As infrecuentes estruturas na península Bache poden ser os restos do período tardío dunha casa comunal Dorset.[6]
O primeiro europeo en ver a illa logo da pequena idade de xeo foi William Baffin en 1616. A illa de Ellesmere foi nomeada así en 1852 durante a expedición de Edward Augustus Inglefield na honra do político inglés, Francis Egerton, 1º barón de Ellesmere (1800-57).[7] A expedición estadounidense dirixida por Adolphus Greely en 1881 cruzou a illa de leste a oeste,[8] fundando Forte Conger na parte norte da illa. A expedición de Greely atopou bosques fósiles na illa de Ellesmere a finais de 1880. O fiorodo Stenkul foi explorado por primeira vez en 1902 por Per Schei, membro da 2ª Expedición Polar Noruega de Otto Sverdrup.
A plataforma de xeo de Ellesmere foi documentada pola expedición británica ao ártico de 1875-76, na cal unha travesía de recoñecemento do tenente Pelham Aldrich foi desde Cape Sheridan (82°28′N 61°30′O) en dirección oeste ata Cape Alert (82°16′N 85°33′O), un percorrido de case 400 km no que recoñeceu tamén a plataforma de xeo Ward Hunt. En 1906 Robert Peary liderou unha expedición no norte da illa Ellesmere, desde o cabo Sheridan ao longo da costa ata o lado occidental do Estreito de Nansen (93° W). Durante a expedición de Peary, a plataforma de xeo era continua. Unha estimación moderna é que cubría 8900 km².[9]
En 2011, Jon Turk e Erik Boomer completaron a primeira circunnavegación coñecida da illa de Ellesmere.[10]
En 2016, a poboación da illa de Ellesmere censouse en 191 habitantes. Hai tres asentamentos na illa de Ellesmere, Alert (62 habitantes),[11] Eureka (poboación permanente 0, pero fogar dunha pequena poboación temporal), e Grise Fiord(pob. 129 habitantes).[12] Politicamente, forma parte da Rexión de Qikiqtaaluk.
Canadian Forces Station (CFS) Alert é o asentamento máis setentrional do mundo. Co fin da Guerra Fría e a chegada das novas tecnoloxías que permiten a interpretación remota de datos, a poboación no inverno reduciuse a 62 civís e persoal militar desde 2016.
Eureka, que é o terceiro asentamento máis setentrional do mundo, consiste en tres áreas, "Eureka Aerodrome" que inclúe "Fort Eureka" (os cuarteis para o persoal militar que mantén o equipo de comunicacións da illa), a estación meteorolóxica Environment Canada, e o Laboratorio de Investigación Atmosférica do Medio Ambiente Polar (PEARL), anteriormente o Observatorio do Ozono Estratosférico do Ártico (ASTRO). Eureka ten a temperatura media anual máis baixa e a menor precipitación de calquera estación meteorolóxica no Canadá.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.