Youtubeir@s
From Wikipedia, the free encyclopedia
Youtubeir@s é un concurso organizado polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.[1] para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube.
A primeira edición foi no ano 2017.[2] Artéllase en 8 categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.[3]
En 2019 engadiron a categoría vídeo-cantarmos[4] e sumáronse os concellos de Cedeira, A Coruña, Moaña e Rianxo,[5] cunha dotación económica de 6500 euros.[6]
En 2020 pasou a 12 categorías e a unha dotación total de 7500 euros.[7]
Foi recoñecido co Premio Mil Primaveras concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na categoría de proxecto máis innovador.[8]