![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/30/Young_Sheldon_logo.svg/langgl-640px-Young_Sheldon_logo.svg.png&w=640&q=50)
Young Sheldon
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Young Sheldon é unha serie de televisión estadounidense creada por Chuck Lorre e Steven Molaro para CBS. A serie, ambientada a finais da década de 1980 e comezos da década de 1990, é un spin-off precuela de The Big Bang Theory e conta a historia do personaxe de Sheldon Cooper cando era un neno que medraba coa súa familia en Texas. Iain Armitage intepreta o papel de Sheldon, xunto con Zoe Perry, Lance Barber, Montana Jordan, Raegan Revord e Annie Potts. Jim Parsons, que intepretou a Sheldon Cooper adulto en The Big Bang Theory, narra a serie e é o produtor executivo.
![]() | |
Formato | Comedia |
---|---|
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | "Mighty Little Man" de Steve Burns |
Tema de peche | "Mighty Little Man" (instrumental) |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 141 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Cámara | Unha cámara |
Duración | 18-21 minutos |
Canle de orixe | CBS |
Primeiro episodio | 25 de setembro de 2017 |
Na rede | |
https://www.cbs.com/shows/young-sheldon/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O desenvolvemento da serie comezou en novembro de 2016, a partir dunha idea inicial que Parsons transmitiu aos produtores de The Big Bang Theory. En marzo seguinte, Armitage e Perry foron elixidos, e a serie foi encargada pola CBS. Young Sheldon estreouse como un adianto especial o 25 de setembro de 2017 e creouse unha tempada completa que comezou a emitirse semanalmente o 2 de novembro de 2017. En marzo de 2021, CBS renovou a serie ata unha sétima tempada. A sétima e última tempada está programada para estrearse o 15 de febreiro de 2024. En novembro de 2023, CBS anunciou que sería a última tempada cun final de serie dunha hora programado para emitirse o 16 de maio de 2024.[1]