From Wikipedia, the free encyclopedia
The Big Bang Theory é unha serie de televisión de comedia creada por Chuck Lorre e Bill Prady, ámbolos dous tamén produtores executivos xunto con Steven Molaro. Os tres tamén son os principais guionistas da mesma. A serie comezou a emitirse pola CBS o 24 de setembro de 2007.[3] En marzo de 2014, a serie foi renovada por tres anos máis até unha décima tempada, que se estreou o 19 de setembro de 2016.[4]
Formato | Sitcom |
---|---|
Creado por | Chuck Lorre Bill Prady |
Desenvolvido por | Faye Oshima Belyeu |
Dirixido por | James Burrows (piloto) Mark Cendrowski |
Intérpretes | Johnny Galecki Jim Parsons Kaley Cuoco Simon Helberg Kunal Nayyar Sara Gilbert Mayim Bialik Melissa Rauch Kevin Sussman Laura Spencer |
Tema de apertura | "The Big Bang Theory Theme",[1][2] escrita e gravada por Barenaked Ladies |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 12 |
Episodios | 279 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | Chuck Lorre Steven Molaro Bill Prady |
Localización(s) | Pasadena (California) |
Cámara | Multicámara |
Duración | 19-22 minutos |
Distribuidor | Warner Bros. Television Distribution |
Canle de orixe | CBS |
Formato de imaxe | 480i (SDTV), 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 24 de setembro de 2007 |
Derradeiro episodio | 16 de maio de 2019 |
Na rede | |
https://www.cbs.com/shows/big_bang_theory | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie céntrase nas vidas de cinco personaxes que viven en Pasadena (California): Leonard Hofstadter e Sheldon Cooper, os dous físicos no Instituto Tecnolóxico de California, que comparten apartamento; Penny, unha camareira aspirante a actriz que se converte en representante farmacéutica e vive na porta de enfronte; e os amigos e compañeiros geeks de Leonard e Sheldon socialmente inadaptados, o enxeñeiro aeroespacial Howard Wolowitz e o astrofísico Raj Koothrappali. A intelixencia e o espírito geek dos catro rapaces contrasta comicamente coas habilidades sociais e o sentido común de Penny.[5][6]
Co tempo, algunhas personaxes secundarias convertéronse en protagonistas: Bernadette Rostenkowski, a moza de Howard (posteriormente a súa muller), unha microbióloga e antiga compañeira de Penny como camareira; a neurocientífica Amy Farrah Fowler, que se une ó grupo despois de coñecer a Sheldon nunha páxina web de citas (despois convértese na moza de Sheldon); Stuart Bloom, o dono dunha tenda de banda deseñada que os personaxes visitan acotío; Leslie Winkle, unha física que saíu con Leonard e Howard; e Emily Sweeney, unha dermatóloga que sae con Raj e sente fascinación polo macabro.
Leonard e Sheldon son dous físicos que comparten traballo e apartamento. Estes dous personaxes, xunto aos seus amigos Howard Wolowitz e Rajesh Koothrappali, representan a uns geeks, moi afastados das inquietudes da xente común.
A serie comeza coa mudanza de Penny, unha veciña nova e atractiva, da que Leonard se encapricha dende o primeiro momento, e que se instala soa no piso de enfronte deles.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Resultado | Categoría | Premio | Receptor |
---|---|---|---|---|
2009 | Nomeado | Mellor actor principal nunha serie de comedia | Premios Emmy | Jim Parsons |
Nomeado | Mellor actor invitado nunha serie de comedia | Christine Baranski | ||
Gañador | Galardón en comedia | Teen Choice Awards | ||
Gañador | Galardón individual en comedia | Jim Parsons |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.