actor, guionista, produtor e director estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jon Favreau, nado en Nova York o 19 de outubro de 1966, é un actor, guionista, produtor e director estadounidense.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jonathan Favreau 19 de outubro de 1966 (58 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Educación | The Bronx High School of Science (en) Queens College |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, dirección de cine e guión cinematográfico |
Lugar de traballo | Chicago |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, produtor delegado, produtor creador, produtor de televisión, actor de xénero, actor de dobraxe, guionista, escritor, director de cinema, produtor de cinema, realizador |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Ficción especulativa e drama |
Familia | |
Fillos | Max Favreau, Madeleine Favreau, Brighton Rose Favreau |
Irmáns | Andy Favreau |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Favreau naceu no barrio de Flushing no distrito de Queens, fillo de Madeleine, unha mestra de escola que morreu de leucemia en 1979, e Charles Favreau, un mestre de educación especial[1]. Súa nai procedía dunha familia xudía de Rusia[2][3] e seu pai era católico de orixe italiana e franco-canadense[4][5][6]. Jon estudou nunha escola hebrea e tivo unha cerimonia Bar Mitzvah[7].
Logo de rematar a secundaria estudou no Queens College dende 1984 a 1987[8] pero acabou por abandonalo, e traballou por algún tempo en Bear Stearns de Wall Street antes de volver a Queens College durante o primeiro semestre de 1988 pero volveu deixalo. No verán de 1988 estableceuse Chicago para se dedicar á comedia[9], actuando en varios teatros dedicados á improvisación, como o ImprovOlympic e o Improv Institute[10].
Durante a súa estadía en Chicago Favreau actuou como extra en filmes pero a súa primeiro papel relevante foi como o adestrador D-Bob no filme Rudy protagonizado por Sean Astin en 1993[11]. No ano seguinte apareceu no filme PCU con Jeremy Piven e nun episodio que se emitiu en 1994 de Seinfeld titulado "The Fire"[12][13].
Tras instalarse nos Ánxeles escribiu, e protagonizou con Vince Vaughn, a comedia dramática independente Swingers (1996). En 1997 apareceu na serie de televisión Friends, facendo de Pete Becker – o mozo millonario de Monica Geller que compite no Ultimate Fighting Championship (UFC) – durante varios episodios[14], e tamén apareceu na serie de sketchs Tracey Takes On... en 1996 e mais en 1997[15]
Volveu actuar con Piven en 1998 en Very Bad Things (1998)[16] e en 1999 protagonizou o filme para televisión Rocky Marciano, baseada na vida do boxeador Rocky Marciano[17]. No ano 2000 protagonizou Love & Sex con Famke Janssen[18] e apareceu en The Replacements como o obseso linebacker Daniel Bateman, e en The Sopranos interpretouse a si mesmo no episodio "D-Girl"[19][20]
En 2001 dirixiu o seu primeiro filme, Made[21], protagonizada por el mesmo e Vince Vaughn.
Dirixiu o derradeiro episodio do drama universitario Undeclared en 2001, e interpretou o avogado Foggy Nelson na película de 2003 Daredevil (2003)[22][23]. Protagonizou The Big Empty (2003) dirixido por Steve Anderson[24].
O seu primeiro éxito de recadación como director veulle no outono de 2003 coa comedia Elf interpretada por Will Ferrell, Zooey Deschanel, James Caan e Peter Dinklage. Tamén en 2003, Favreau tivo un pequeno papel en Cando menos o esperas como Leo, o asistente persoal de Harry Sanborn[25]. En 2005 dirixiu a adaptación cinematográfica do libro Zathura de Chris Van Allsburg. Continuou a facer aparicións regulares en filmes e na televisión, co seu amigo Vince Vaughn deixouse ver na comedia románica The Break-Up e en My Name Is Earl encarnou un deplorable xerente dun negocio de comida rápida. Tamén apareceu no documental Wild West Comedy Show.[26] Tamén en 2005, Favreau apareceu como xuíz convidado e representante executivo de Sony Corporation na quinta semana do programa da NBC, The Apprentice para xulgar os esforzos de dous equipos para deseñar e construír un carro triunfal para publicitar o seu filme Zathura: A Space Adventure.[27]. Entre 2001 e 2005 presentou o programa de televisión Dinner for Five na canle por cable IFC.
O ano 2008 logrou coa transposición da banda deseñada ao cinema das aventuras do millonario e superheroe Tony Stark Iron Man, con estrea o 2 de maio un éxito mundial de crítica [28] e público[29], o que consolidou a reputación de Favreau como director [30]. O filme foi a primeira película de Marvel producida tras a súa alianza coa Paramount, e ademais de director, Favreau serviu como produtor executivo e apareceu nunha das primeiras escenas como Happy Hogan, o chofer de Tony Stark. Tamén escribu dous números dunha serie da Marvel Knights titulada Iron Man: Viva Las Vegas que se presentou en setembro de 2008 pero que se cancelou xa en novembro[31]. En 2008 encarnou a Denver, o grande irmán do protagonista, Vince Vaughn, no filme de Nadal Four Christmases.
En 2009 dirixiu a secuela das aventuras de Tony Stark, Iron Man 2 que tivo a estrea mundial nos Ánxeles o 26 de abril de 2010[32] e foi tamén un éxito de crítica e público.
Escribiu e protagonizou a comedia romántica Couples Retreat xunto con Vince Vaughn, e Kristin Davis como a súa muller[33]. Deulle voz a Pre Vizsla en varios episodios da serie de animación Star Wars: The Clone Wars.[34]
Foi produtor executivo do filme de Joss Whedon The Avengers.[35][36] En 2011 dirixiu o filme Cowboys & Aliens, mestura audaz de película do oeste e mais de ciencia ficción pero que foi unha decepción comercial e de crítica [37]. Favreau dirixiu o episodio piloto da serie de Revolution, serie da NBC e tamén foi un dos seus produtores xunto con J. J. Abrams[38]
En 2013 realizou outro episodio piloto, desta volta dunha serie baseada na novela About a Boy do británico Nick Hornby, pero no que a acción se desenvolve en San Francisco[39].
En 2016 dirixiu e produciu a adaptación de The Jungle Book para a Walt Disney Pictures que tivo a súa estrea o 15 de abril de 2016 con recoñecemento de crítica e de público[40]. Volveu encarnar a Happy Hogan no filme Spider-Man: Homecoming (2017), e foi produtor executivo de Avengers: Infinity War (2018). Non obstante, filmar unha escena da película, non se incluíu na exhibición en salas, pero si ao saír en formato Blu-Ray. En 2017 dirixiu o piloto da nova serie da CBS Young Sheldon[41]. Favreau tamén apareceu na secuela de Homecoming, Spider-Man: Far From Home[42]
En xullo de 2019 foi a estrea da adaptación de animación por ordenador do filme de Disney The Lion King[43], dirixindo por primeira volta un musical[43], ademais de producilo. O 29 de xullo a película superou a The Jungle Book como o filme con maior recadación da súa carreira, e tamén superou a recadación do filme orixinal[44].
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jon Favreau |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.