Remove ads
produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.
Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]
Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]
Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor serie internacional | Lost | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Peor guión | Armageddon | Candidato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.