![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/2019-04-13_Yanis_Varoufakis_by_Olaf_Kosinsky-0658_%2528cropped%2529.jpg/640px-2019-04-13_Yanis_Varoufakis_by_Olaf_Kosinsky-0658_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Yanis Varoufakis
Ministro de finanzas de Grecia, autor e economista / From Wikipedia, the free encyclopedia
Yanis Varoufakis (grego: Γιάνης Βαρουφάκης), nado o 24 de marzo de 1961[1] é un economista grego, que foi ministro de economía de Grecia.[2] Nas eleccións de Grecia de 2015 foi elixido como parlamentario representando a SYRIZA,[3] e pasou a formar parte do goberno de Alexis Tsipras o 27 de xaneiro [4] ata o 6 de xullo de 2015.
Varoufakis é autor do libro The Global Minotaur e varios textos académicos nos campos da economía e teoría de xogos, profesor de teoría económica na Universidade de Atenas e consultor privado de Valve Corporation.
En 2024 publicouse a tradución do seu libro Tecnofeudalismo, no que defende que o capitalismo morreu e agora "somos humildes servos dos señores da nube".[5] Este novo capital "Non fabrica cousas, senón que se compón de dispositivos concibidos para modificar o noso comportamento".[5] Así Alexa de Amazon ou o Asistente de Google son " unha peza do capital, á que adestramos para que nos adestre para que a adestremos para que ela decida que queremos".[5]