músico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Manuel Budiño, nado en Moaña en 1969, é un músico e gaiteiro galego.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
A comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participa na banda de gaitas Xarabal e en 1991 funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle.
En 1996 presenta o seu proxecto en solitario Paralaia. Para as actuacións contou con Leandro Deltell (Batería, percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki, mandola), Xabier Díaz (acordeón) e Pablo Alonso (clarinete baixo).
No seu álbum Fulgor (2019), Budiño interpreta por primeira vez coa súa voz as melodías das cancións.[1] Neste álbum mestura elementos da música tradicional galega coa electrónica ou o pop.
A carreira musical de Budiño permitiulle levar a música galega polo mundo, con actuación en cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Frankfurt, Milán, Glasgow ou Cidade de México.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.