![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Xavi_13981129001173637176666027076571.jpg/640px-Xavi_13981129001173637176666027076571.jpg&w=640&q=50)
Xavi Hernández
Exfutbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xavier Hernández Creus, coñecido como Xavi Hernández ou simplemente Xavi, nado en Terrassa (Barcelona) o 25 de xaneiro de 1980, é un exfutbolista e adestrador español. Xogaba na posición de centrocampista e dende novembro de 2021 adestra o FC Barcelona.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou en xuño de 1991, cando tiña 11 anos, ingresando na Masía.
Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1] Na edición de 2008 foi elixido o mellor xogador da Eurocopa.[2] O 2 de maio de 2019 anunciou a súa retirada na final da tempada para enfocarse na súa carreira como adestrador.[3]