recoñecemento anual aos editores de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Wikimedista do ano é un recoñecemento anual que honra aos editores de Wikipedia, e doutros proxectos de Wikimedia, por teren conseguidos logros importantes dentro do movemento Wikimedia.[1] O premio foi estabelecido en agosto de 2011 polo fundador de Wikipedia, Jimmy Wales,[1] quen escolle os premios e hónraos en Wikimania, unha conferencia anual da Fundación Wikimedia, agás en 2020, 2021 e 2022 cando os destinatarios foron anunciados en reunións en liña por mor da pandemia de COVID-19.[1] Entre os anos 2011 e 2017 o premio foi nomeado Wikipedista do ano.[1]
Wikimedista do ano | |
---|---|
Tipo | premio |
Data de fundación | agosto de 2011 |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2011, o primeiro título de Wikimedista do ano foille concedido a Rauan Kenzhekhanuly, un emprendedor casaco, polo "seu traballo en construír unha sólida Wikipedia en lingua casaca".[1] O ano seguinte, foi galardoado un editor de Wikipedia identificado como "Demmy" por crear un bot que traduciu arredor de 15 000 artigos curtos en inglés ao yoruba, unha lingua falada en Nixeria.[1] En 2013 Rémi Mathis de Wikimédia France e da Wikipedia en francés foi nomeado polo seu papel nun controvertido artigo, e en 2014, o premio foille concedido postumamente a un activista ucraíno, Ihor Kostenko, quen promociouno activamente a Wikipedia en ucraíno en redes e páxinas sociais antes de ser asasinado nunha protesta.[2][3] Wales nomeou un gañador sen revelar a súa identidade en 2015, e agarda poder contar a súa historia algún día. En 2016, entregouse o primeiro premio de maneira conxunta, sendo outorgado a Emily Temple-Wood e Rosie Stephenson-Goodknight polos seus esforzos en combater o acoso en Wikipedia e incrementar a presenza da muller.[4][5] Outros gañadores foron Felix Nartey, Farhad Fatkullin, Emna Mizouni e Sandister Tei.
Alén do premio principal, Susanna Mkrtchyan e Satdeep Gill foron os primeiros en recibir mencións de honra no ano 2015.[6][7] Dende 2015, entregáronse sete mencións de honra. O premio foi ampliado en 2021 con categorías adicionais, incluíndo "Colaborador Multimedia do ano", "Acabado de chegar do ano", "Colaborador técnico do ano" e "Laureado de Wikimedia". En 2024, engadiuse a categoría de Funcionario do Ano.
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2011 | Rauan Kenzhekhanuly | Wikipedia en casaco | Kenzhekhanuly recrutou unha comunidade estábel para mellorar a Wikipedia en casaco, que nun ano medrou de 4 a máis de 200 editores activos, e de 7 000 a 130 000 artigos. Wales foi criticado polos seus compañeiros wikipedistas por mor das relacións de Kenzhekhanuly co goberno de Casaquistán. Wales declarou en Reddit en 2015 que non tiña coñecemento das relacións de Kenzhekhanuly co goberno casaco e dixo que se tivese sabido que Kenzhekhanuly ía converterse en gobernador dunha rexión do seu país, tería "rexeitado darlle o premio".[8] | [1] [9] | |
2012 | "Demmy" | Wikipedia en yoruba | Demmy creou un bot para traducir 15 000 artigos curtos en inglés á lingua yoruba, unha lingua falada en Nixeria. | [1] | |
2013 | Rémi Mathis | Wikipedia en francés | Mathis, presidente de Wikimédia France e administrador da Wikipedia en francés, quen recibiu a honra polo seu papel na controversia arredor do artigo Estación de radio militar de Pierre-sur-Haute. | [10] [11] | |
2014 | Ihor Kostenko | Wikipedia en ucraíno | Kostenko, un activista do Euromaidan, foi un editor da Wikipedia en ucraíno, a cal promocionou activamente en redes sociais. Foi asasinado durante unha protesta o 20 de febreiro de 2014, e recibiu o premio de maneira póstuma. | [2] [12] | |
2015 | non revelado | Wales nomeou un editor anónimo in pectore, e agarda poder revelar algún día as razóns polas que gañou sen poñer en perigo ao destinatario. | [7] | ||
2016 | Emily Temple-Wood | Wikipedia en inglés | As primeiras gañadoras conxuntas polos seus esforzos para combater o acoso en Wikipedia e facer medrar a cobertura dos contidos de mulleres. Temple-Wood creou preto de 400 artigos e mellorou centos máis, moitos dos cales tratan sobre mulleres científicas e sobre a saúde da comunidade LGBT e das mulleres. Stephenson-Goodknight mellorou máis de 3 000 artigos, creou conxuntamente un espazo de benvida a novos contribuidores e cofundou proxectos de extensión para mulleres, incluíndo "WikiWomen's User Group", "WikiProject Women" e a campaña "Women in Red". | [4] | |
Rosie Stephenson-Goodknight | Wikipedia en inglés | ||||
2017 | Felix Nartey | Wikipedia en inglés | Nartey recibiu o premio pola súa colaboración de contido sobre o seu país de orixe, Ghana, e por liderar varias iniciativas para promover a importancia de editar Wikipedia. Na súa dedicación, Wales mencionou que Nartey desempeñou un papel de liderado na organización da segunda conferencia Wiki Indaba 2017 en Accra, Ghana, e foi fundamental na construción das comunidades locais en África. | [15] | |
2018 | Farhad Fatkullin | Wikipedia en tártaro | En 2009, Fatkullin uniuse ao movemento Wikimedia. Descríbese a si mesmo como un "namorado da Wikipedia en tártaro". Dende 2015, Fatkullin contribuíu en diferentes linguas de Rusia, entre elas a lingua tártara. | [16] | |
2019 | Emna Mizouni | Wikipedia en árabe | En 2013, Mizouni fundou Carthagina xunto con outras persoas. Comezou a contribuír a proxectos Wikimedia en 2013 con Wiki Loves Monuments. Axudou a organizar diversas conferencias importantes de Wikimedia, incluíndo a conferencia inaugural WikiArabia, sendo copresidenta do comité de Wikimania 2018. En 2016, uniuse ao Affiliations Committee e en 2018, converteuse na súa vicepresidenta. | [17] | |
2020 | Sandister Tei | Wikipedia en inglés | Tei contribuíu activamente na creación de artigos en Wikipedia sobre o impacto da pandemia da COVID-19 en Ghana. | [18] | |
2021 | Alaa Najjar | Wikipedia en árabe | Foi homenaxeado na conferencia Wikimania 2021, que se celebrou virtualmente, polo seu traballo na Wikipedia en árabe e polo seu traballo para desenvolver proxectos médicos, especialmente o proxecto COVID-19. | [19] | |
2022 | Olga Paredes | Wikipedia en castelán | Paredes foi homenaxeada na conferencia virtual Wikimania 2022 polo seu liderado en comunidades como Wikimujeres e Wikimedistas de Bolivia, e por alentar a outras persoas, especialmente ás mulleres, a facer medrar o movemento Wikimedia. | [20] | |
2023 | Taufik Rosman | Wikidata, Wikicionario en malaio | Taufik foi homenaxeado na conferencia Wikimania de 2023 en Singapur polas súas enormes achegas ao Wikicionario en malaio e pola axuda prestada para fomentar unha comunidade positiva de editores de Wikimedia malaisianos. | [21] | |
2024 | Hannah Clover | Wikipedia en inglés | Clover recolleu as historias de máis de 200 editores a través do seu proxecto "reflexións do editor". Tamén avogou polos novos editores e os que editan en teléfonos intelixentes. | [22] |
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2015 | Susanna Mkrtchyan | Wikipedia en armenio | Mkrtchyan é membro da xunta directiva de Wikimedia Armenia. Foi galardoada polas súas actividades fóra da wiki, incluíndo "One Armenian – One Article", unha campaña de edición e un proxecto de campamento xuvenil para axudar aos novos editores de Armenia. | [6] | |
Satdeep Gill | Wikipedia en punjabi (oriental) | Gill é un colaborador hindú Wikipedia en punjabi. Foi premiado por animar á xente da súa universidade a editar a Wikipedia en punjabi, converténdoa na Wikipedia en lingua india de máis rápido crecemento ese ano. | [7] | ||
2016 | Mardetanha | Wikipedia en persa | Mardetanha creou a versión en persa da "Biblioteca Wikipedia", que axuda aos editores a atopar fontes de artigos. Tres editoriais doaron o acceso da investigación aos seus traballos aos editores. | [23] | |
Vassia Atanassova | Wikipedia en búlgaro | Atanassova estabeleceu o reto "#100wikidays", que desafiou aos editores a crear un artigo da Wikipedia ao día durante cen días. Máis de 120 colaboradores uníronse ao concurso e un terzo deles completárono. | |||
2017 | — | Diego Gómez | — | Estudante colombiano que foi procesado por violación dos dereitos de autor logo de compartir un traballo académico en liña. Posteriormente foi absolto. | [24] [25] |
2018 | Nahid Sultan | Wikipedia en bengalí | Sultan é un membro activo de Wikimedia Bangladesh. | [26] [27] | |
Jess Wade | Wikipedia en inglés | Wade é unha física que se esfrozou durante un ano para crear artigos na Wikipedia sobre científicas e enxeñeiras que "representen mellor ás mulleres e ás persoas de cor". En febreiro de 2020, escribira máis de 900 artigos novos. | [28] [29] [30] | ||
2021 | Netha Hussain | Wikipedia en inglés e Wikipedia en malayalam | Netha é unha médico orixinaria da India. Ela proporcionou valiosas achegas ao contido médico en proxectos de Wikimedia, centrando gran parte do seu esforzo durante 2020-21 na cobertura da pandemia de COVID-19. Tamén iniciou o Proxecto "Vaccine Safety Project" para abordar a desinformación sobre as vacinas contra a COVID-19. | [31] | |
Carmen Alcázar | Wikipedia en castelán | Alcázar foi recoñecida polo seu traballo para reducir o nesgo de xénero na Wikipedia en castelán. | [32][33] | ||
2022 | Anna Torres | Wikipedia en castelán | Torres é a directora executiva de Wikimedia Arxentina, mais o seu recoñecemento na categoría de Mencións de Honra é polos seus esforzos por crear unha rede de apoio internacional para facer medrar e construír capacidade para comunidades en toda América Latina, así como polas súas achegas aos procesos de cambio, como a 2030 Wikimedia Movement Strategy. | [20] | |
2023 | Anton Protsiuk | Wikipedia en ucraíno | Protsiuk é o coordinador de programas en Wikimedia Ucraína. | [21] | |
2024 | Gu Eun-ae | Wikipedia en coreano | Gu é a directora de Wikimedia Corea, que ela mesma axudou a fundar. | [22] |
O premio ao Acabado de chegar do ano foi presentado por primeira vez en 2021.
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2021 | Carma Citrawati | WikiPustaka | [34] | ||
2022 | Nkem Osuigwe | Cunha conta que comezou en 2019, a doutora Nkem Osuigwe axudou a iniciar unha asociación con institucións de información e bibliotecas africanas en 2020, traballando cunha rede profesional existente para xerar máis de 27.000 edicións e sumando. | [20] | ||
2023 | Eugene Ormandy | Wikipedia en xaponés | [21] | ||
2024 | Comunidade wayuu (Leonardi Fernández) |
Wikipedia en wayuu | Os wayuu son un grupo indíxena da Península de La Guajira en Colombia e Venezuela. Fernández axudou a estabelecer o grupo de usuarios wikimedistas wayuu e a Wikipedia en lingua wayuu en 2023. | [22] |
O premio polo 20º aniversario foi entregado por primeira vez en 2021. En 2022, o premio pasou a chamarse como Laureado Wikimedia.[35]
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2021 | Lodewijk Gelauff | Wiki Loves Monuments Arquivado 21 de novembro de 2020 en Wayback Machine. | Lodewijk é un prolífico colaborador, mentor de moitos wikimedistas e voluntario de moitos grupos e esforzos comunitarios. É un dos iniciadores de Wiki Loves Monuments, o concurso fotográfico anual da Wikipedia arredor do patrimonio cultural, e lidera este proxecto durante unha década.[36] | [37] | |
2022 | Andrew Lih | Andrew é un experto en Wikipedia de renome internacional, autor, profesor, activista de GLAM e colaborador de Wikimedia desde hai moito tempo. O seu traballo inspirou a individuos e grupos no movemento Wikimedia, especialmente en Norteamérica e na rexión ESEAP. | [20] | ||
Deror Lin | Wikipedia en hebreo, Wikimania | Deror é un prolífico colaborador que se remonta á fundación da Wikipedia. Escribiu máis do 2% de toda a Wikipedia en hebreo. Participou en moitos desafíos de 100 wikidays, especialmente para a Wikipedia en hebreo, e achegou milleiras de imaxes. Tamén foi un organizador clave de varias Wikimanias. | [20] | ||
2023 | Siobhan Leachman | WikiProxecto Nova Zelandia | [21] | ||
2024 | Martin Rulsch (DerHexer) | DerHexer é o administrador máis veterano de Wikimedia, tendo este cargo dende 2007; tamén é administrador de Wikipedia en inglés, Meta-Wiki e Wikimedia Commons. | [22] |
O premio Innovador Tecnolóxico presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Tecnolóxico do ano en 2022.
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2021 | Jay Prakash | Desenvolvemento e soporte informático e de software | [38] | ||
2022 | Taavi Väänänen | Taavi foi un colaborador voluntario fundamental dos Servizos na nube de Wikimedia, incluíndo Toolforge e Cloud VPS, pezas clave de infraestrutura que permiten aos membros da comunidade albergar os seus bots, ferramentas e outros proxectos de software relacionados coa Wikimedia. Tamén axuda a manter a extensión CentralAuth MediaWiki, que permite aos usuarios utilizar unha única conta de usuario en todos os sitios públicos de Wikimedia. | [20] | ||
2023 | — | Zabe | Zabe é recoñecido por "axudar con implementacións, correccións de erros e incidentes en xeral, e, en particular,... por manter os códigos Checkuser e CentralAuth, por apoiar a revisión da migración de refactor da base de datos de comentarios e polo traballo técnico detrás da creación de novos wikis. ". | [21] | |
2024 | — | Siddharth VP | [22] |
O premio Rich Media presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Multimedia do ano en 2022.
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2021 | Ananya Mondal | Wikimedia Commons | [38][39] | ||
2022 | Annie Rauwerda | Depths of Wikipedia | Annie utiliza medios creativos nas redes sociais para difundir os proxectos de Wikimedia e as comunidades que os impulsan. Ela comezou a conta Depths of Wikipedia que ten agora máis de 1,5 millóns de seguidores en Instagram, Twitter e TikTok. | [20] | |
2023 | Pax Ahimsa Gethen | Wikipedia en inglés, Wikimedia Commons | Gethen carga fotografías a Wikimedia Commons, centradas na cultura LGBT, e é un participante activo nos estudos LGBT do WikiProcecto da Wikipedia en inglés.[40] | [21] | |
2024 | Yılmaz Caner Özyayıkçı | Wikipedia en turco | Özyayıkçı axuda a deseñar gráficos para varias conferencias de Wikimedia. Tamén é cofundador de Wikimedia Japan-Türkiye Friendship. | [22] |
O Wikimedia Affiliate Spotlight foi presentado por primeira vez en 2022. Art+Feminism e Wikimedia UK foron recoñecidos polo Comité de Afiliación de Wikimedia (AffCom) nas categorías de Asociacións e Gobernanza, respectivamente.[41]
O premio Funcionario do ano presentouse por vez primeira en 2024 recoñecer os wikimedistas que traballan entre bastidores para "garantir a seguridade, o bo funcionamento e a sustentabilidade dos proxectos Wikimedia".[22]
Ano | Imaxe | Gañador | Proxecto principal | Motivo | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2024 | Vira Motorko | Wikipedia en ucraíno | Motorko é administradora da Wikipedia ucraína, onde axuda con tarefas menores, como traducir a interface e dar formato ás páxinas. | [22] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.