From Wikipedia, the free encyclopedia
Weezer (tamén coñecido como The White Album)[1][2] é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 1 de abril de 2016.[3] O disco é o seu cuarto traballo autotitulado e o seu primeiro álbum producido por Jake Sinclair. Tamén é o seu primeiro disco editado a través de Crush Management e distribuído por Atlantic Records.[4]
Weezer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Weezer | ||||
Publicado | 1 de abril de 2016 | |||
Gravación | 2015 | |||
Duración | 34:05 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, power pop, pop punk | |||
Selo(s) | Atlantic Records, Crush Management | |||
Producido por | Jake Sinclair | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Para o álbum, o líder da banda Rivers Cuomo explorou novas técnicas de composición, como a inclusión de potenciais letras nunha folla de cálculoe incluílas en cancións, como en "Summer Elaine and Drunk Dori" e "L.A. Girlz", baseadas no seu reconto de sílabas e a acentuación de palabras. O disco explora temáticas de dinámicas de xénero, experiencias de citas modernas e referencias á iconografía relixiosa. Musicalmente é unha volta aos seus dous primeiros traballos, Weezer (1994) e Pinkerton (1996), aínda que tamén é unha especie de tributo a The Beach Boys.
Weezer continuou colleitando a aclamación da crítica do anterior traballo da banda, Everything Will Be Alright in the End, mentres que comercialmente mellorou os resultados do anterior álbum, acadando o número 4 da lista Billboard 200 con 49.000 copias vendidas na súa primeira semana. Do disco sacáronse tres sinxelos: "Thank God for Girls", "Do You Wanna Get High?" e "King of the World".
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "California Kids" | Rivers Cuomo, Dan Wilson | 3:25 | ||||||
2. | "Wind in Our Sail" | Cuomo, Scott Chesak, Ryan Spraker | 2:53 | ||||||
3. | "Thank God for Girls" | Cuomo, Alex Goose, Michael Balzer, Alex Balzer, Bill Petti | 3:30 | ||||||
4. | "(Girl We Got A) Good Thing" | Cuomo | 3:25 | ||||||
5. | "Do You Wanna Get High?" | Cuomo | 3:27 | ||||||
6. | "King of the World" | Cuomo, Jarrad Kritzstein | 3:24 | ||||||
7. | "Summer Elaine and Drunk Dori" | Cuomo | 3:25 | ||||||
8. | "L.A. Girlz" | Cuomo, Brian Bell, Luther Russell | 3:29 | ||||||
9. | "Jacked Up" | Cuomo, Jonathan Coffer, Hugh Pescod | 2:53 | ||||||
10. | "Endless Bummer" | Cuomo, Bell, Russell | 4:14 | ||||||
34:05 |
Canción extra no Xapón | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
11. | "Prom Night" | 3:34 |
Edición deluxe dixital | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
11. | "I Love the U.S.A." | Cuomo, Sam Hollander[5] | 3:09 | ||||||
12. | "Jacked Up" (Remix) (con Fitz de Fitz and the Tantrums e Nadya de Pussy Riot) | Cuomo, Coffer, Pescod | 2:56 | ||||||
13. | "Friend of a Friend" | Cuomo[6] | 2:58 | ||||||
14. | "Fake Smiles" | Cuomo[7] | 3:26 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.