músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Rivers Cuomo, nado en Nova York o 13 de xuño de 1970, é un músico estadounidense. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock alternativo Weezer.
(2010, Otava) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1970 (54 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Musicians Institute (pt) Berklee College of Music E. O. Smith High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantante, compositor |
Período de actividade | 1985 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Power pop e rock alternativo |
Instrumento | Guitarra, voz e teclado |
Selo discográfico | Geffen Records |
Familia | |
Fillos | Leo Cuomo |
Páxina web | riverscuomo.com |
Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en Connecticut. El mudouse coa banda aos Ánxeles en marzo de 1989, e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de 1990.
Despois dunha serie de proxectos musicais nos Ánxeles, Cuomo formou Weezer o 14 de febreiro de 1992 con Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e Brian Bell ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o 25 de xuño de 1993. Comezaron a gravación de Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) en agosto de 1993 nos estudos Electric Lady en Nova York co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en 2000, coa canción "Island In The Sun", incluída no Green Album. Tras este disco, saíu ó mercado Maladroit (2001).
Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, Weezer editou en 2005 o que é polo de agora o seu último traballo, Make Believe.
Á parte de Weezer, Cuomo tocou n varios proxectos musicais, entre os que se inclúen Avante Garde, Zoom, Sixty Wrong Sausages e Fuzz. Durante o parón de Weezer a finais dos 90, Rivers formou un proxecto chamado Homie, ou segundo os fans, a Rivers Cuomo Band. Cuomo contribuíu tamén nas gravacións de varios músicos (Crazy Town, Cold, Mark Ronson). El tamén tocou brevemente na banda AM Radio en 2002 e 2003.
A principios de 2004 fixo unha aparición sorpresa co ex-baixista de Weezer Matt Sharp tocando na Universidade Estatal de California, Fullerton, e interpretando dous temas da banda: "Say It Ain't So" e "Undone", unha vella demo, "Mrs. Young", e unha nova canción que compuxeron xuntos, "Time Song".
O 18 de decembro do 2007 lanzouse a edición de Alone - The Home Recordings of Rivers Cuomo, un álbum que reúne demos e gravacións caseiras feitas por Cuomo nos últimos quince anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.