Wallacea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Wallacea é o nome dunha área bioxeográfica que abrangue un grupo de illas da zona leste de Indonesia, que están separadas por estreitos de augas profundas tanto das plataformas continentais de Asia coma de Australia. Comprende a illa de Sulawesi, que é a máis grande do grupo, e as illas de Lombok, Sumbawa, Flores, Sumba, Timor, Halmahera, Buru, Seram, e moitas illas pequenas.
As illas de Wallacea están situadas entre Sondalandia (a Península Malaia, Sumatra, Borneo, Xava, e Balí) ao oeste, e Oceanía Próxima incluíndo Australia e Nova Guinea ao sur e leste. A área total de Wallacea é de 347.000 km².