Sumba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sumba (indonesio: Pulau Sumba) é unha illa indonesia pertencente á provincia de Nusa Tenggara Oriental. Cunha extensión de 11.153 km², posúe unha poboación de 656.259 habitantes (Censo 2010).
Datos rápidos Situación, País ...
Sumba | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Provincia | East Nusa Tenggara |
Arquipélago | Illas da Sonda |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 9°40′S 120°00′L |
Xeografía | |
Superficie | 11.153 km² |
Punto máis alto | 1.225 m. Wangga Meti |
Demografía | |
Capital | Waingapu (pob. 10.700) |
Poboación | 685.186 (Censo 2010) |
Densidade | 61´4 hab./km² |
Pechar
A principal localidade da illa é Waingapu, cunha poboación duns 10.700 habitantes, próxima ao aeroporto. Os insulares son de orixe malaio e melanesio; aínda que moitos practican a tradicional relixión Malapu ou Malafu, outros son cristiáns (calvinistas e católicos) e algúns musulmáns sunnitas.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Sumba pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e Oceanía.