Lombok
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Lombok pertence á provincia indonesia de Nusa Tenggara Barat, situada entre as illas de Balí e Sumbawa. Con 4,725 km² de extensión e unha poboación de 3.166.789 habitantes segundo o censo de (2010),[1][2][3][4] nela atópase Mataram, capital e cidade máis grande da provincia.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas menores da Sonda | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas menores da Sonda | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Sonda Ocidental, Indonesia (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Características | |||||
Altitude | 294 m | ||||
Punto máis alto | Rinjani (pt) (3.726 m ) | ||||
Superficie | 5.435 km² 4.514,11 km² | ||||
Historicamente, a illa garda relación coas dinastías hindús da veciña Balí. En 1674 comezou a chegada de holandeses á parte oriental da illa; a finais do século XIX, aproveitando unha revolta dos sasaks, os holandeses fanse co control total de Lombok en 1894 e incorpórano ás Indias Orientais Neerlandesas.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Lombok pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. De feito, a Liña pasa entre Lombok e a súa veciña Balí.
Illa de turismo non tan masivo como a próxima Balí, en Lombok os visitantes atopan praias case desertas e paisaxes de gran beleza, como o que rodea ao estratovolcán Rinjani (3,726 m), o terceiro en altitude de Indonesia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.