Sumbawa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sumbawamap

Pertencente ás Illas menores da Sonda, Sumbawa atópase entre as illas indonesias de Flores, Sumba e Lombok. Forma parte da provincia indonesia de West Nusa Tenggara, aínda que actualmente o goberno indonesio está tomando medidas para converter a illa nunha provincia separada. De carácter volcánico como as demais illas veciñas, nela atópase o volcán Tambora, protagonista dunha importante erupción no século XIX.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Sumbawa
Thumb
Tipoilla
Parte deIllas menores da Sonda
Situado na entidade xeográficaIllas menores da Sonda
Localización
ContinenteAsia
División administrativaSonda Ocidental, Indonesia (pt)
Thumb Thumb
 8°44′25″S 117°59′43″L
Bañado porOcéano Índico
Características
Altitude11 m
Dimensións90 () × 280 () km
Punto máis altoMonte Tambora  (2.850 m )
Superficie14.386 km²
Pechar

Con 15.448 km² e unha poboación dun millón e medio de habitantes, a illa estivo relacionada co Imperio Majapahit de Xava e tamén co reino balinés de Gelgel. En 1605 prodúcese a primeira chegada dos holandeses, quen controlan o territorio totalmente xa comezado o século XX.

Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Sumbawa pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía.

Historia

O Nagarakretagama do século XIV menciona varios principados identificados en Sumbawa; Dompu, Bima, Sape e a illa volcánica de Sang Hyang Api preto da costa nordeste de Sumbawa. Catro principados en Sumbawa occidental eran dependencias do Imperio de Majapahit no oriente de Xava. Debido aos recursos naturais de Sumbawa, foi invadida regularmente por forzas externas, Xavanesee, Balineses, Macasarenses, holandeses e xaponeses. Os holandeses chegaron por primeira vez en 1605, pero non gobernaron efectivamente Sumbawa ata principios do século XX.

O reino de Balinés de Gelgel tamén gobernou Sumbawa occidental durante un período curto. As partes orientais da illa eran tamén o fogar do Sultanato de Bima, un goberno islámico que tiña vínculos cos pobos Bugis e Macasar]] de Sulawesi do sur, así como outros gobernos malaio islámicos no arquipélago.

Thumb
Mapa histórico da costa setentrional de Sumbawa, 1681

A evidencia histórica indica que a illa de Sumbawa era coñecida nas Indias orientais polo seu mel, cabalos,[1] madeira de sappan para producir a tintura vermella,[2] e sándalo usado para incenso e medicamentos. Pensábase que a área era altamente produtiva en agricultura. No século XVIII os holandeses introduciron a plantación de café nas abas occidentais do monte Tambora, creando así a variante café Tambora.

Administración

Sumbawa administrativamente divídese en catro regencias (kabupaten) e unha kota (cidade). Son:

Máis información Nome, Area en km2. ...
NomeArea en
km2.
Poboación
estimada 2005
Poboación
Censo 2010
Poboación
estimada 2014
Capital
Sumbawa Barat
(West Sumbawa) Regency
1.636,9591.882114.754120.115Taliwang
Sumbawa Regency6.643,98395.166415.363434.469Sumbawa Besar
Dompu Regency2.321,55201.842218.984228.811Dompu
Bima Regency4.389,40407.636438.522458.961Woha
Bima City222,25123.064142.443148.984Bima
Total15.214,131.219.5901.330.0661.391.340
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.