Sumbawa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pertencente ás Illas menores da Sonda, Sumbawa atópase entre as illas indonesias de Flores, Sumba e Lombok. Forma parte da provincia indonesia de West Nusa Tenggara, aínda que actualmente o goberno indonesio está tomando medidas para converter a illa nunha provincia separada. De carácter volcánico como as demais illas veciñas, nela atópase o volcán Tambora, protagonista dunha importante erupción no século XIX.
Sumbawa | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa Topográfico de Sumbawa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas menores da Sonda, Illas da Sonda |
Mar | Mar de Balí - Mar de Flores, Océano Pacífico |
Coordenadas | 8°47′S 118°5′O |
Xeografía | |
Superficie | 15.448 km² |
Longura máxima | 280 km. |
Largura máxima | 90 km. |
Punto máis alto | 2.850 m. Tambora |
Demografía | |
Capital | Bima |
Poboación | 1.391.340 hab. (2014) |
Densidade | 91´45 hab./km² |
Con 15.448 km² e unha poboación dun millón e medio de habitantes, a illa estivo relacionada co Imperio Majapahit de Xava e tamén co reino balinés de Gelgel. En 1605 prodúcese a primeira chegada dos holandeses, quen controlan o territorio totalmente xa comezado o século XX.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Sumbawa pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía.