novela de Natsume Sōseki From Wikipedia, the free encyclopedia
Wagahai wa neko de aru (xaponés: 吾輩は猫である; lit. "Son un gato") é unha novela satírica de Natsume Sōseki, escrita entre o 1905 e o 1906. Céntrase na sociedade nipoa do período Meiji (1868-1912), especialmente nas relacións entre a cultura occidental e a xaponesa.[1][2]
O título da obra, Wagahai wa neko de aru, emprega un rexistro elevado típico dun nobre, polo que transmite un sentido de grandilocuencia e fachenda. Trátase dun uso irónico, xa que o protagonista é un gato doméstico antropomorfo adoptado por un profesor. Este estilo de humor é típico da escrita de Sōseki.[1]
O libro publicouse por entregas na revista literaria Hototogisu. Sōseki tiña a intención de compoñer tan só un relato breve, que acabaría converténdose no primeiro capítulo da novela. Porén, Takahama Kyoshi, un dos editores de Hototogisu, convenceuno para continuar coa historia, que iría evolucionando estilisticamente. Neste sentido, todos os capítulos poden lerse de xeito independente.[3][4]
Un arrogante felino describe a vida dun grupo de xaponeses de clase media: o profesor Kushami e a súa familia (os donos do gato); Meitei, o irritante amigo do señor Kushami; e o mozo estudante Mizushima Kangetsu.[5]
A través dos ollos do animal, póñense baixo unha mirada crítica os costumes da época, en especial os recén importados dos países occidentais. Deste xeito, expónse o conflito entre a tradición do país e os novos modos culturais traídos pola modernización.[6] Porén, a súa caracterización satírica e pesimista, típica do estilo de Sōseki, pódese aplicar a toda a experiencia humana.[4]
Wagahai wa neko de aru é unha lectura habitual nas escolas xaponesas, polo que a súa trama e estilo son ben coñecidas polo público. En consecuencia, o xeito de falar do narrador, que xa era arcaico no seu momento, adoita asociarse co gato e o libro. Así mesmo, o pronome escollido polo felino, wagahai, rara vez utilizado na vida real, sobrevive na ficción para animais antropomorfos pomposos e arrogantes. Por exemplo, Bowser, antagonista da franquía de videoxogos Mario, usa wagahai, do mesmo xeito que Morgana, personaxe do Persona 5.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.