A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virxe da Caridade, Virxe da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.

Datos rápidos Advocación da Virxe María, Historia ...
Nosa Señora das Dores
Thumb
Virxe das Dores, na Igrexa de San Salvador, Getaria, Gipúscoa, Euskal Herria
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónc. 1240 en Toscana, Italia, por Orde dos Servos de María (Servitas)
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade15 de setembro
AtributosCorazón traspasado por unha espada, en alusión á profecía de Simeón
Patroa deEslovaquia, Mississippi
Pechar

A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.

En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:

  1. A profecía de Simeón.
  2. A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.
  3. Xesús perdido no Templo durante tres días.
  4. María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.
  5. A Crucifixión e Morte de Xesús.
  6. María recibe a Xesús baixado da Cruz.
  7. A sepultura de Xesús.

Veneración

A súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patroa de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.

É patroa de Ecuador,[1] Eslovaquia,[2][1] do estado de Mississippi[3].

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.